O CSIC Galicia presenta o libro “Translating the Relics of St James”

A publicación, quinto volume da serie Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture, publicada pola editorial Routledge, céntrase na análise da translatio dos restos do apóstolo Santiago Zebedeo de Palestina a Santiago de Compostela e no seu impacto na construción histórica e simbólica do fenómeno das peregrinacións xacobeas.

Participan once autores, quen aborda o tema desde unha perspectiva interdisciplinar a través dunha aproximación histórica, arqueolóxica e iconográfica.

Enmárcase, así mesmo, na liña de investigación que desenvolve o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, a través do Grupo Culturas e sociedades no mundo ibérico desde a Idade Media, sobre as peregrinacións e, en concreto, no proxecto de investigación As peregrinacións a Santiago de Compostela na España da segunda metade do século XIX, financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade a través do Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia.

Fonte: CSIC Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará