O eurodeputado Francisco Millán Mon, Co-Presidente do Intergrupo “Desenvolvemento do Turismo Europeo, Patrimonio Cultural, Camiños de Santiago e outras Rutas Culturais Europeas”, entrevistouse en Madrid o sábado 2 de xuño con Francisco de Almozara, Presidente da IRMANDADE SANTIAGO-CHILE – Amigos do Camiño de Santiago de Compostela en Chile. O Sr. de Almozara atópase en España no marco dunha visita que lle leva tamén a Santiago de Compostela, onde ten unha ampla axenda de contactos.
Millán Mon e de Almozara referíronse ao momento actual de esplendor que viven as peregrinacións a Santiago de Compostela. De Almozara explicou a situación en Chile e a importancia crecente da peregrinación xacobea dos cidadáns chilenos, así como o papel impulsor da IRMANDADE SANTIAGO-CHILE.
Pola súa banda o eurodeputado popular explicou ao seu interlocutor as actividades que leva a cabo o Intergrupo no Parlamento Europeo. Referiuse igualmente á recuperación dos Camiños de Santiago que se efectuou en varios países de Europea Central e Oriental.
O Presidente da asociación chilena dos Amigos do Camiño de Santiago convidou o eurodeputado galego a visitar Chile para atoparse coa asociación.