O Xacobús da Xunta transporta ata 200 persoas ao día desde Santiago ata Sarria para iniciar o Camiño

O Xacobús da Xunta rexistrou nas últimas semas un aumento de viaxeiros, con ata 200 persoas trasladadas ao día desde Compostela ata Sarria para iniciar o Camiño de Santiago.

Esta liña, que vai desde Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela, está activa todo o ano para facilitar que os peregrinos se poidan desprazar para facer calquera etapa galega do Camiño Francés ou para a volta á Santiago.

Ademais este servizo permite o traslado gratuíto de bicicletas ata completar a capacidade do vehículo.

No inicio de xullo, a maior afluencia de peregrinos no Camiño reflíctese tamén na demanda do Xacobús, cunha incidencia especial nas viaxes entre Santiago de Compostela e Sarria. Esta localidade marca o inicio das 5 etapas que constitúen o tramo mínimo para conseguir a Compostela, polo que é un punto importante de desprazamentos desde Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará