V Semana Jacobea en Ávila

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Ávila organiza a súa V Semana Jacobea, na que haberá actividades diversas e todas elas relacionadas co mundo Xacobeo.

Programa

Exposición de fotografías O Camiño de Santiago francés en 360º. Desde Saint Jean Pied de Port ata Fisterra
Datas: Do 19 ao 31 de outubro de 2020
Lugar: Sala de Exposicións O Episcopio. Ávila

Día 19 de outubro:
– Ás 19’00 h. Inauguración da Exposición de Fotografías de Goyo González O Camiño de Santiago francés en 360º. Desde Saint Jean Pied de Port ata Fisterra. Sala de Exposicións do Episcopio
– Ás 20’00 h. Conferencia sobre Curiosidades do Camiño, a cargo do autor da devandita exposición fotográfica. Sala do Episcopio

Día 21 de outubro:
– Ás 20’00 h. Conferencia sobre: Camiño de volta. As vellas lendas e tradicións da Galicia esquecida: os lobishomes, o Vakner e a Vía Mariana a cargo de D. José Antonio de la Riera Autrán, na Sala do Episcopio.

Día 22 de outubro:
– Ás 20’00 h. Entrega de premios do IV Concurso de Contos Infantís sobre o Camiño de Santiago.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará