América

Irmandade entre a Xunta e a provincia de Córdoba (A Arxentina) para a difusión e promoción da ruta Xacobea e o Camino del Cura Brochero
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o gobernador da provincia arxentina de Córdoba, Juan Schiaretti, asinaron un Memorandum de Entendemento polo que ambas rexións establecen unha relación de irmandade na que se comprometen a colaborar na promoción e difusión das dúas rutas de peregrinación que percorren os seus territorios: o Camiño de Santiago e o Camino del Cura Brochero.

O Camino del Cura Brochero é unha senda de 240 quilómetros que percorre os pasos do sacerdote José Gabriel del Rosario Brochero -beatificado polo Vaticano en 2013- desde o seu nacemento en Villa Santa Rosa no século XIX ata a localidade na que desenvolveu gran parte do seu traballo: Villa del Tránsito, na actualidade coñecida como Villa Cura Brochero.

Esta colaboración institucional traducirase na promoción da ruta xacobea no país suramericano; a difusión da ruta arxentina e o seu impulso como etapa preparatoria do Camiño de Santiago; a organización conxunta de xornadas e exposicións ou a instalación dun marco da ruta Xacobea no Camino del Cura Brochero.

Inaugúrase unha estatua a Santiago Apóstolo, patrón de Guayaquil
A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou, xunto co embaixador de España en Ecuador, Carlos Abella y de Arístegui, no acto conmemorativo en honra ao Apóstolo Santiago na cidade de Guayaquil.

Durante o mesmo, procedeuse ao descubrimento dunha estatua en bronce de Santiago Apóstolo, creada por Nixon Córdoba. O monumento resalta a iconografía de Santiago peregrino e a importancia do Camiño de Santiago para a historia universal. Cómpre destacar que Santiago Apóstolo é o patrón de Guayaquil e o Santo preséntase sobre o Cerro de Santa Ana, orixe primixenio da vila.

A instalación deste monumento enmárcase na apertura do Paseo e da Praza de España, situada á entrada do Puerto de Santa Ana, e, con ambos fitos, ponse de manifesto a estreita relación da peregrinaxe a Santiago co país sudamericano. De feito, o ano pasado chegaron a Santiago polas diferentes rutas xacobeas 457 peregrinos ecuatorianos, un 10% máis que no 2017.