O Camiño de Santiago. Unha visión desde Oriente. Fotografías de Tomohiro Muda

Tomohiro Muda é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando o Camiño e ofrecendo así a súa propia visión deste. Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea. Naceu en 1956 na Prefectura de Nara, en Xapón, e en … Ler máis

Turismo de Galicia presenta a guía “Lugares xacobeos en Compostela e a súa contorna”

Turismo de Galicia presentou a guía Lugares xacobeos en Compostela e a súa contorna, que recolle os lugares máis importantes ou singulares relacionados co mundo da peregrinación. Trátase dunha publicación que fai un repaso dos numerosos vínculos xacobeos que acolle a meta do Camiño de Santiago e os seus municipios veciños, e propón un total … Ler máis

A Cátedra do Camiño de Santiago fomentará a investigación, a docencia e a difusión da cultura xacobea

A Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o Arcebispado asinaron un convenio de colaboración para a creación da Cátedra do Camiño de Santiago. A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións promoverá a difusión dos valores asociados coa peregrinación e o fenómeno xacobeo mediante a realización de cursos, seminarios, … Ler máis

Inaugúrase “Mestre Mateo”, a primeira mostra que o Museo del Prado dedica a un autor galego

Inaugurouse en Madrid a exposición Mestre Mateo, a primeira mostra monográfica que o Museo del Prado dedica a un autor galego. Comisariada por Ramón Yzquierdo Peiró, a exposición poderá visitarse desde o 29 de novembro ata o 26 de marzo do ano que vén. A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do … Ler máis

Preséntase en Santiago de Compostela a Academia Xacobea, que impulsará o estudo e a difusión do Camiño de Santiago

Impulsada pola Orde do Camiño de Santiago, presentouse en Santiago de Compostela a Academia Xacobea, á fronte da cal se atopa Xesús Palmou, ex conselleiro de Contas e ex conselleiro de Xustiza e Interior, e doutorado en Dereito. A Academia Xacobea nace co obxectivo de fomentar a investigación, estudo e divulgación do mundo xacobeo na … Ler máis

Conferencia “O Camiño de Inverno: valoración, patrimonio artístico e retos de futuro”

Relator: Javier Raposo Martínez, licenciado en Historia da Arte Lugar: Centro do Viño. Rúa Comercio. Monforte de Lemos Día: 21 de outubro de 2016 Hora: 19:00 Organiza: Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra – Camiño de Inverno +info

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.