Ciclo de conferencias Onde vas, peregrino?

A Archiconfraría do Apóstolo Santiago presenta o programa da sexta edición do ciclo de conferencias Onde vas, peregrino? que transcorrerá entre os meses de maio a setembro deste ano 2019. As conferencias celebraranse no Hostal dos Reis Católicos ás 19 horas e nas datas sinaladas no programa. Todas as sesións son de acceso libre. 3 … Ler máis

XVI Xornadas Científicas do Camiño de Invierno

As XVI Xornadas Científicas do Camiño de Inverno que organiza a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra teñen por lema “O Patrimonio Inmaterial do Camiño de Inverno por Ribeira Sacra”, desenvolvéndose este ano no Concello de Monforte de Lemos, segundo a orde rotatorio de concellos destas terras ao que dedican as Xornadas cada ano … Ler máis

O ciclo ‘Cultura no Camiño’ programa 284 actuacións en 76 concellos das 10 rutas xacobeas

A Xunta de Galicia está a promover por sétimo ano consecutivo o ciclo Cultura no Camiño, que acolle, ata finais de setembro, 284 actuacións escénicas e musicais en 76 dos concellos polos que discorren as 10 rutas xacobeas en Galicia. Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración cos municipios asociados en … Ler máis

Galicia afianza o irmandamento coa cidade francesa de Lorient colocando unha mouteira do Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu a inauguración dunha mouteira do Camiño de Santiago na Esplanade du Moustoir, en Lorient, Francia. O dirixente autonómico, acompañado polo alcalde da cidade francesa, Norbert Métairie, descubriu este simbólico fito, situado a 1.979 quilómetros da Catedral de Santiago, meta da peregrinación xacobea. Ao longo deste acto, … Ler máis

Jaume Alemany abre un albergue de acollida cristiá en Betanzos

O sacerdote mallorquino Jaume Alemany, promotor da fundación Acollida Cristiá nos Camiños de Santiago, leva varios meses traballando nas obras para a apertura dun albergue en Betanzos. Este albergue, no que rexerán os principios da hospitalidade tradicional de Acollida Cristiá nos Camiños, será o primeiro e de momento único destas características no Camiño Inglés. O … Ler máis

Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D

A exposición 3D De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.