exposicións

Exposición “A Vía da Prata. Aires do Sur” 🗓
A Vía da Prata. Aires do Sur intérnase nas rutas xacobeas a través da mirada fotográfica, propoñendo un percorrido desde Sevilla a Santiago de Compostela, a través de 150 anos de historia da fotografía. A exposición convídanos a reflexionar sobre a soidade, a distancia e o paso do tempo a través dun diálogo entre a fotografía do pasado e miradas máis contemporáneas.

As paisaxes, a vida nas prazas das vilas, os monumentos ou as escenas cotiás que conforman o itinerario da Vía da Prata volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada nesta coidada selección de imaxes comisariada pola historiadora, guionista e documentalista Lucía Laín. Logo de ser visitada por máis de 20.000 persoas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Cáceres e en Ourense, a mostra recala agora na Casa de Galicia en Madrid, onde pode verse entre abril e maio de 2025.

A Vía da Prata esténdese ao longo de máis de mil quilómetros, desde Sevilla a Santiago de Compostela, atravesando terras de Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia. Nesta exposición, percórrense nun carrusel fotográfico que vai de finais do século XIX ata os nosos días. Un total de 75 instantáneas de grandes mestres da arte fotográfica e figuras emerxentes que espertan a memoria, reivindican festas e tradicións e descobren a realidade menos coñecida de pequenas localidades que atravesa o Camiño.

Obras de grandes clásicos como Jean Laurent —pioneiro da fotografía que no s.XIX documentou a transformación de España e de Madrid— J. Poujade, José Suárez, Otto Wunderlich ou Nicolás Muller sucédense nun interesante diálogo coa mirada actual de fotógrafos e fotógrafas do noso presente conformando un único relato. A través das súas lentes podemos profundar na realidade de pequenas localidades, algunhas aínda descoñecidas e outras cada vez máis transitadas, e captar as miradas e costumes das súas xentes. Os premios nacionais de fotografía Cristina García Rodero e Juan Manuel Castro Prieto, e nomes como os de Carmenchu Alemán, Ana Turbau, Atín Aya, José Manuel Navia, Luis Vioque, Brais Lorenzo, Antón Buciños, Miguel Muñiz ou Vicente Tofiño, entre outros, son tan só uns exemplos.

Un diálogo visual entre a fotografía histórica e a contemporánea para movernos á reflexión sobre o tránsito, sobre canto cambia e canto permanece ao longo do tempo.

Data: 2 de abril – 25 de maio de 2025

Lugar: Casa de Galicia en Madrid

Enderezo: C. de Casado del Alisal, 8, Madrid

Organiza: Xunta de Galicia, Fundación Cidade da Cultura e Casa de Galicia en Madrid

Máis información: Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Exposición “Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural europeo” 🗓
Esta exposición fotográfica representa a todos os territorios integrados ata agora na Federación Europea do Camiño de Santiago. Paisaxes, camiños, patrimonio cultural e peregrinos de Polonia, Ucraína, Lituania, Croacia, Italia, Países Baixos, Bélxica, Francia, España e Portugal forman parte dunha xeografía sagrada, unha creación cultural común chamada Camiño de Santiago. A peregrinación a Compostela, que comezou no século IX, desenvolveu ao longo dos séculos un rico acervo de coñecementos e cultura, constituíndo un dos piares máis sólidos da identidade europea.

As imaxes mostran claramente a folla deste itinerario cultural. Territorios, camiños, cidades históricas, igrexas e peregrinos de Vilnius en Lituania e Toruń e Pomorskie en Polonia; patrimonio cultural ucraíno e camiños en Vinnytsia; cidades, templos e camiños na costa adriática, en Dubrovnik, Istria e Šibenik; o camiño de Compostela en Toscana, representado polo cruzamento de rutas de peregrinación chamado Borgo Sansepolcro, e a Compostela italiana, Pistoia, cuxa catedral alberga unha reliquia do apóstolo desde o século XII.

Outros camiños e patrimonio histórico na provincia holandesa de Limburgo e a belga de Namur, onde tamén se conserva unha reliquia de Santiago o Maior; continuando en Francia cos seus camiños a Compostela e en España co Camiño Francés, a través de Aragón, Navarra, La Rioja, Castela e León e Galicia; e tamén coas rutas do norte, representadas polo Camiño Lebaniego, en Cantabria, e as rutas asturianas, entre as que sempre destaca Oviedo. Tamén se presenta un resumo do Camiño Mozárabe de Santiago en Andalucía, representado polo territorio e a arte de Córdoba.

Por último, unha evocación do Camiño de Santiago en Portugal, nas terras de Vila Pouca de Aguiar e as outras rutas portuguesas que conducen a Compostela, representadas polo Monte do Gozo, primeiro emprazamento do Camiño Francés desde o que se divisa a cidade do apóstolo, e o Pórtico da Gloria da Catedral compostelá,  xoia da arte medieval europeo.

Lugar: Centro Cultural WeGil

Dirección: Largo Ascianghi, 5. Roma (Italia)

Data: 5 de febreiro – 5 de marzo de 2025

Organiza: Federación Europea do Camiño de Santiago

Colabora: Xunta de Galicia e Rexión de Lazio

Fausto Isorna. O Camino en viñetas 🗓
Simón Martel é un personaxe do cómic galego cunha longa traxectoria, pois xa leva protagonizados sete libros. Naceu no ano 1994, no álbum A irmandade dos lectores tristes, escrito por Aníbal Malvar e debuxado por Fausto Isorna. Pouco despois uníuselles o guionista Rober Méndez, e desta colaboración xurdiron Flores dende Hiroshima, No nome da amada morta e A maldición dos Velasco, convertendo a Simón no primeiro personaxe da historieta galega cuxos libros se editaban comercialmente. Despois dunha paréntese de varios anos, Simón volveu á acción nos álbums Están vivas! (2006) e Enigma soterrado (2009), con guión e debuxos de Fausto. Camiño de Santiago. As aventuras xacobeas de Simón Martel realizouse para celebrar o Xacobeo 2021-2022. Completouse en 2024 co relato da fin da viaxe, as páxinas que narran o percorrido de Santiago a Fisterra.

Agora preséntase no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición “Fausto Isorna. O Camiño en Viñetas”, do 7 de novembro de 2024 ao 17 de xaneiro de 2025, que recolle ilustracións orixinais, bosquexos, vinilos de gran formato etc., deste recoñecido debuxante.

Data: 8 de novembro de 2024-30 de marzo de 2025

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela

Organiza: Turismo de Galicia

Exposición “Os Camiños de Elías Valiña”
Data: do 22 de maio ao 22 de xullo de 2024

Lugar: Museo del Bierzo. Ponferrada

Organiza: Arraianos Producións

Colabora: Concello de Ponferrada

A Xunta de Galicia inaugura a exposición Tesouros Reais, que trae a Galicia obras do Museo Terra Santa de Xerusalén
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, inaugurou a exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Será a primeira vez que estas pezas se expoñan en España e, ademais, Galicia será o único destino nacional no que se poderá visitar.

A exposición é unha mostra internacional na que se exporá parte do tesouro artístico doTerra Sancta Museum de Xerusalén, sendo a maior parte desta colección doazóns que as casas reais católicas europeas foron facendo ao longo de 500 anos. Ademais, a exposición complétase cunha escolma de pezas do Museu Calouste Gulbenkian de Lisboa, que tamén colabora na iniciativa; e con obras doutras institucións galegas e portuguesas.

Polo tanto, os visitantes que se acheguen -desde o 22 de marzo ata o 4 de agosto- poderán coñecer importantes producións da arte europea e sacra, o que lles permitirá facer un percorrido pola historia, así como comprender mellor o impacto da cristiandade en Xerusalén.

Galicia organizará o vindeiro ano a XXVII edición da exposición ‘Las Edades del Hombre’ xunto a Castela e León
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou un convenio co titular da Junta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, para colaborar na celebración da XXVII edición da exposición Las Edades del Hombre que no 2024 terá unha dobre sede: en Santiago de Compostela e en Vilafranca do Bierzo.

A sinatura do convenio levouse a cabo no santuario de Santa María a Real do Cebreiro, lugar de orixe do sacerdote Elías Valiña que, desde os anos 60, foi un dos principais promotores da recuperación do Camiño Francés, impulsor da colocación das frechas amarelas no percorrido ou de mellorar as condicións nas que os peregrinos realizan a senda.

Las Edades del Hombre

Trátase un proxecto cultural e expositivo promovido por Castela e León desde 1988 e que busca poñer en valor o patrimonio cultural tanto como reforzo social como xerador de riqueza. Ata o momento, celebráronse 26 edicións que contaron con máis de 12 millóns de visitantes e nas que se expuxeron 5.228 pezas de arte e se restauraron outras 2.000.

En cada edición, a exposición conta cun relato común e inclúe labores de investigación, difusión, restauración de pezas así coma unha montaxe que sempre ten a innovación como eixo principal e na que teñen moita importancia elementos multimedia (recreacións en 3D, proxeccións audiovisuais, pantallas interactivas…) ou a música.

Pese a que a maioría de edicións tiveron lugar en Castela e León, tamén se levaron a cabo en Madrid, Cádiz, Bélxica ou Nova York.

Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago. Fotografías de Manuel G. Vicente 🗓
Con motivo da celebración dos actos do 30 Aniversario da Declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial, a Xunta de Galicia organiza a exposición Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago. Fotografías de Manuel G. Vicente.

Unha experiencia hospitalaria e solidaria, vivida e creativa, a carón dos peregrinos, no Camiño de Santiago, nos albergues e na meta da peregrinación xacobea, en harmonía coa celebración do Xubileo da Misericordia.

Un espazo compartido de valores universais

O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado dende hai séculos coma a pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poeticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, na ruta e nos seus albergues. Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e mais a comprensión mutua. A todo iso hai que engadir os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.

Unha experiencia de comunicación e afectos

A medida que avanzan as xornadas, prodúcese no Camiño unha comunicación a varios niveis. En primeiro lugar, do peregrino consigo mesmo, pois a linguaxe interior é esencial na experiencia da peregrinación. Coa introspección chégase a unha autoconstrución reflexiva e personalizada, na que cadaquén recrea as súas vivencias a través da memoria e os afectos.

En segundo lugar, establécese unha comunicación co propio Camiño e, por último, cos seus compañeiros de ruta, cos hospitaleiros e os paisanos. O espazo mental ou espiritual do Camiño de Santiago, evocado e recreado, configúrase dende a afectividade de quen o vive; vilas, cidades, sitios históricos e paisaxes naturais asumen valores afectivos nesta construción espontánea. Un marco sensible no que se desenvolve unha fecunda comunicación entre o peregrino e o seu contorno natural e humano.

Espazo: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Dirección: Praza das Praterías. Santiago de Compostela

Data: 12 de decembro de 2023 – 30 de marzo de 2024

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia.

Exposición “Os Camiños de Kan-non e Santiago. Espiritualidade e Cultura” 🗓
Exposición fotográfica realizada con motivo do acordo de amizade asinado entre o Camiño de Kan-non e o Camiño de Santiago.

O Camiño de Santiago e a ruta Kumano kodo están irmandados desde 1998. Ambos son itinerarios de peregrinación declarados pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. En 2023 cúmprense vinte e cinco anos deste irmandamento. O desenvolvemento da “peregrinación dual” logra que os peregrinos de Kumano e Santiago que cubran cada itinerario poidan obter unha acreditación dual, como peregrinos de Santiago e Kumano. Agora únese a esta harmonización de camiños de peregrinación o camiño Kan-non, considerado o itinerario de peregrinación máis antigo do País do Sol Nacente e designado Patrimonio de Xapón en 2019.

O Saigoku kan-non é orixinario do século VIII, contando con mil quilómetros de percorrido e unha espiritualidade baseada na natureza. Os peregrinos de Kan-non visitan trinta e tres templos budistas situados na rexión de Kansai, a rexión central de Honshu, illa principal do arquipélago xaponés, e atravesa sete prefecturas: Wakayama, Osaka, Nara, Kyoto, Shiga, Hyōgo e Gifu.

Ademais dos trinta e tres templos oficiais, existen nesta ruta outros tres templos coñecidos como bangai. A característica principal dos devanditos templos é que en todos eles a imaxe principal é Kan-non, coñecida polos occidentais como o Bodhisattva da Compaixón.

Hai que destacar a coincidencia dalgúns trazados desta ruta co Kumano kodo, de modo que algúns templos pertencen ao Saigoku kan-non e ao Kumano kodo.

Os peregrinos obteñen o seu Nokyocho, documento que acredita a súa peregrinación polo Saigoku kannon, tras o selado da súa credencial de peregrino nos trinta e tres templos da ruta. A diferenza da peregrinación a Compostela, realizada a pé, dacabalo ou en bicicleta, os peregrinos do Kan-non poden usar diversos medios de transporte e pódeno realizar en diversas etapas ao longo da súa vida.

Lugar: Hospedería de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela

Data: do 6 de outubro ao 5 de novembro de 2023

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Colabora: Japan Foundation e Japan Heritage-Saikoku

In Itinere. Proxecto fotográfico de Javier Iglesias Ramos
Que moveu o peregrino e que recollerá no camiño? En que medida o mudou o Camiño de Santiago?

As experiencias que testemuña esta exposición sono, en realidade, do redescubrimento dun fogar da alma e do corazón, dun ubi consistam que non coincide cun lugar senón coa propia paz, como ben sabía Novalis.

A obra do fotógrafo Javier Iglesias Ramos pretende “medir” coa cámara este percorrido e este descubrimento. A idea que guiou este traballo foi atopar a pegada da súa experiencia de vida nos rostros dos peregrinos. De aí o proxecto de fotografalos ao comezo do Camiño, en Roncesvalles, e logo ao final, en Santiago, para rexistrar, non tanto os seus cambios físicos, senón calquera cambio na súa expresión, case se podería dicir na súa alma: e a alma certamente translúcese nas fotografías.

Para obter un rexistro tan fino dos estados de ánimo das persoas retratadas, Javier Iglesias Ramos optou por eliminar o contexto do propio retrato. Todos os seus retratos teñen o mesmo fondo negro e unha luz similar, polo que todos os rostros fotografados aparecen nas mesmas condicións, case mostras de probeta. Fronte a famosa tríade de cousas necesarias para o tradutor literario, la testa, il testo e il contesto, na tradución fotográfica desta experiencia vital que é o Camiño, Javier optou por unha severa comparación entre dúas: a súa cabeza e o texto formado polo rostro do peregrino, negándose a ser axudado por calquera contexto.

Do resultado xulgarán os visitantes. Federica Venier

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Dirección: Plaza das Praterías, Santiago de Compostela

Data: 27/07/2023 – 29/10/2023

Organiza: Museo das Peregrinacións e de Santiago. Xunta de Galicia

Exposición “Os camiños de Elías Valiña”
Na promoción do Camiño de Santiago realizada coa programación do Xacobeo 21-22, en concreto co proxecto O Teu Xacobeo, integrou un documental sobre Elías Valiña, cura do Cebreiro nas décadas de 1970 e 1980, como un dos pioneiros do século XX na recuperación e valorización do Camiño e da peregrinación xacobea.

Afondando neste proxecto, a exposición itinerante Os camiños de Elías Valiña, proposta para viaxar por diversas localidades de Galicia, dalle continuidade a este documental, reforzando cunha montaxe multimedia e itinerante ideas recollidas no Plan Director do Camiño de Santiago 2022-27 relativas á promoción xacobea.

A exposición ten un carácter didáctico, multimedia, innovador e valorizador do traballo recuperador de Elias Valiña, empregando fotografías orixinais do cura do Cebreiro, e polo tanto históricas, xunto con outras que amosan a actualidade do Camiño, recuperado e posto ao servizo da peregrinación.

Entre os principais obxectivos da mostra, hai que resaltar a valorización do labor dun pioneiro, como foi Elías Valiña, e o traballo de estudo, recuperación e revalorización do Camiño por parte da Xunta de Galicia ao longo da década de 1990 e xa no século XXI.

Lugar: Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro. Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

Data: do 20 de xullo ao 15 de agosto 2023

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Colabora: Parroquia de Santa María a Real do Cebreiro e Arraianos Producións

Máis información: www.eliasvaliña.gal