Polonia

A Xunta de Galicia sinaliza o Camiño de Santiago en Cracovia coa instalación dunha mouteira
A Xunta sinalizou o Camiño de Santiago en Polonia coa instalación dunha mouteira a 4.184 quilómetros de Santiago de Compostela fronte á chamada ventá do Papa Xoán Paulo II no Pazo Bispal de Cracovia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no marco da súa viaxe institucional a este país, presidiu o acto de colocación do fito canda o alcalde de Cracovia, Jacek Majchrowski, o embaixador de España neste país, Francisco Javier Sanabria e o obispo de Cracovia, Damian Muskus.

O titular de Cultura e Turismo, que estivo acompañado da comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, destacou o apoio do Pontífice polaco ao feito xacobeo e lembrou que visitou Santiago de Compostela en dúas ocasións, a primeira en 1982, cando realizou o Camiño, e a segunda en 1989 durante a Xornada Mundial da Xuventude, da que se fan 30 anos.

A mouteira instalada hoxe en Cracovia é a quinta situada polo Goberno galego logo das ubicadas en Glasgow, Bruxelas, Lorient e Río de Janeiro nos últimos meses co fin de favorecer a internacionalización do Camiño de Santiago.

Exposición: O Camiño de Santiago. Unha Experiencia Contemporánea de Peregrinación 🗓
A exposición O Camiño de Santiago. Unha experiencia contemporánea de peregrinación é unha nova expresión da creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea. Este magnífico proxecto, que se inaugurou en 2018 en EE. UU, viaxou neste ano a Lorient, Francia, e iniciou en Wroclaw a súa andaina por varias sedes de Polonia. Nesta ocasión, será o Instituto Cervantes de Cracovia onde se terá a oportunidade dun achegamento á tradición xacobea e ao Camiño de Santiago a través das impactantes imaxes dun audiovisual realizado por Manuel Valcárcel.

Esta exposición inscríbese no marco da presentación en Cracovia do programa Xacobeo 2021 e o mesmo día da inauguración desenvolverase un ciclo de conferencias impartidas por Franciszek Mróz. Pedagogical University of Kraków, Instytut Geografii, Faculty Member, titulada Peregrinacións de polacos a Santiago de Compostela. Pasado e presente, e de Francisco Singul, historiador e Xefe de Área de Cultura Xacobea do Xacobeo-Xunta de Galicia, co título de Camiño de Santiago. Cosmovisión e cultura.

A experiencia da peregrinación a Compostela propicia na actualidade un encontro do peregrino consigo mesmo, pero tamén cos outros peregrinos, compañeiros de roteiro, coa poboación local e co marco espectacular dun Camiño universal e aberto que sempre foi entendido como un espazo sacro. Ao final desta aventura física e espiritual, o encontro coa cidade de Santiago e a súa catedral concrétase na íntima visita á Tumba do apóstolo Santiago o Maior e co abrazo á imaxe do altar maior. A suxerencia do complemento do Camiño ata o Finisterrae europeo (cabo Fisterra) é fundamental para comprender a mentalidade medieval dos peregrinos, un lugar de gran significado ao que se adoita acudir tras completar a experiencia do Camiño no santuario compostelán.

Lugar: Instituto Cervantes de Cracovia

Dirección: ul. Kanonicza, 12. Cracovia. Polonia

Data: do 29 de outubro ao 20 de novembro de 2019

Horario de visitas: luns a xoves de 9:00 a 19:30 e venres de 9:00 a 15:00 h.

Organiza: Xacobeo 2021. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia

Colabora: Instituto Cervantes de Cracovia. Embaixada de España en Varsovia