Cultura no Camiño 2017

GALICIA é terra de camiños e de cultura. De Camiños que conducen polo magnífico patrimonio natural e arquitectónico das catro provincias, coas sendas  milenarias que conflúen en Compostela, meta da peregrinaxe xacobea, como un dos seus principais estandartes. De Culturas vivas, diversas, actuais e propias, que agroman en cada recanto e que reflicten a nosa … Ler máis

A Xunta levará 371 actuacións a case un cento de concellos a través do programa Cultura no Camiño

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis, levarán ata finais de setembro un total de 371 actuacións por 98 concellos de toda Galicia –un de cada tres do territorio autonómico– polos que pasan as diferentes rutas xacobeas. O investimento de Cultura no Camiño ascende a 544.287,47 … Ler máis

Turismo de Galicia reforza a sinalización do Camiño de Inverno

Turismo de Galicia colocará un total de 140 mouteiras no seu percorrido por Galicia, unha actuación realizada de común acordo cos municipios do Camiño para reforzar a sinalización actualmente existente. O Camiño de Inverno está pendente da delimitación oficial da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, polo que con esta actuación se reforza, … Ler máis

Xunta e Estado despregan un dispositivo especial de seguridade no Camiño durante a Semana Santa

Este reforzo inscríbese no marco do convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio do Interior e Turismo de Galicia, no que se inclúe tamén outro operativo especial para o verán. A Policía Autonómica ten despregado un total de 16 patrullas ao longo de seis rutas (Camiño Francés, Portugués, Inglés, Fisterra-Muxía, Norte e Primitivo, e Vía … Ler máis

A Federación Europea do Camiño de Santiago reuniu o seu comité técnico na cidade polaca de Torun

A Federación Europea do Camiño de Santiago, da que forma parte a Xunta de Galicia e outras sete administracións territoriais doutros tantos países europeos, celebrou o día 28 de marzo unha reunión do seu comité técnico na cidade polaca de Torun, acollidos polo goberno da rexión de Cuiavia-Pomerania recentemente integrada nesta federación. A Xunta de … Ler máis

O Camiño de Santiago. Unha visión desde Oriente. Fotografías de Tomohiro Muda (Ávila)

Tomohiro Muda é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando o Camiño e ofrecendo así a súa propia visión deste. Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea. Naceu en 1956 na Prefectura de Nara, en Xapón, e en … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.