A Xunta expresa o seu pesar pola morte do profesor Simon Barton, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia ten recibido con gran pesar a noticia do falecemento, en días pasados, do profesor Simon Barton que desde 2014 formaba parte do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, onde tiña desenvolvido neste período unha importante achega pola súa valía intelectual e persoal.

Destaca a súa tarefa na difusión do Camiño de Santiago en Gran Bretaña, onde colaborou con Turismo de Galicia, en diversas actividades e agora na súa nova etapa en Florida, Estados Unidos, comezaba tamén este labor divulgador da peregrinación xacobea. Formaba parte do consello editorial da revista Ad Limina na que tamén participaba, así como nos últimos congresos organizados polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Maria e Iacobus nos camiños xacobeos (2015) e Jacobus patronus (2017).

O profesor Simon Barton (1962) foi catedrático de Historia Medieval na University of Exeter (Reino Unido) e desde principios de 2017 profesor na University of Central Florida (USA). Foi autor, entre outras obras, de Conquerors, Brides, and Concubines: Interfaith Relations and Social Power in Medieval Iberia; A History of Spain; Cross, Crescent and Conversion: studies on medieval Spain and Christendom in memory of Richard Fletcher; The world of El Cid ou a que foi a súa tese de doutoramento, The aristocracy in twelfth-century León and Castile.

Ten recibido recoñecementos honoríficos e premios como o de presidente da Society for the Medieval Mediterranean, conselleiro da Royal Historical Society, gañador do Premio Del Rey concedido por The American Historical Association, membro de The Royal Historical Society e académico correspondente da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía.

Turismo de Galicia expresa o seu pesar por esta perda, que se engade á de Robert Plötz o pasado verán, e priva a Galicia e ao Camiño de Santiago dun excelente investigador e divulgador, ao tempo que transmite á súa familia e amigos o seu pésame e solidariedade.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.