A Vía da Prata acolle a primeira ruta ecuestre xacobea tras obter a homologación oficial da Real Federación Hípica Española

A Vía da Prata acolleu a primeira ruta ecuestre por este itinerario xacobeo, que vén de obter a homologación oficial da Real Federación Hípica Española para esta modalidade da peregrinación.

Con esta iniciativa dáse por inaugurada esta homologación oficial, que afecta a toda a Vía da Prata ata súa meta en Santiago de Compostela. Identificada co código IE-016, esta é a primeira ruta galega certificada, un obxectivo da Xunta de Galicia acadado este outono.

Esta ruta ecuestre foi realizada dende A Gudiña ata Laza, por un grupo de xinetes procedentes da Asociación Pura Raza Cabalo Galego (Boqueixón), da Asociación Ecuestre Cabaleiros de Brión, Xinetes de Noia, Xinetes de Villestro, Club Hípico Pura Raza Galega (Ames), do Centro Ecuestre El Paso (Castro de Riberas de Lea) e de Hípica Ares (Vilagarcía de Arousa). Na iniciativa participaron tamén representantes da Federación Hípica Galega, responsable da comisión para a homologación das rutas do Camiño de Santiago na nosa Comunidade, un proxecto cuxo financiamento correu a cargo de Turismo de Galicia.

A peregrinación a cabalo é unha das tres opcións contempladas pola Oficina do Peregrino. Para obter a Compostela, é preciso percorrer os últimos 100 quilómetros. Esta modalidade experimentou no último ano un crecemento do 20%, ata superar os 400 peregrinos. Grazas á homologación oficial da Real Federación Hípica Española, agárdase que a evolución siga a ser positiva nos próximos anos. Así, avánzase nos obxectivos plasmados no Plan director do Camiño de Santiago, que contén accións para diversificar os fluxos de peregrinos e, ao mesmo tempo, especializar os diferentes itinerarios e poñer en valor ás súas singularidades.

Para completar esta homologación oficial, Santiago de Compostela contará desde o próximo ano cun espazo de acollida a peregrinos a cabalo, que estará situado no renovado Parque do Monte do Gozo. Trátase dunha das actuacións do seu Plan de Actuación que se está a levar a cabo nestes momentos e que ampliará os servizos dispoñibles neste recinto.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.