Blog do Camiño de Santiago en Galicia
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
25 años de promoción dos Caminos de Santiago
A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo é un organismo público, dependente de Turismo de Galicia, destinado á xestión dos servizos comúns da rede de albergues da Comunidade Autónoma de Galicia, e do resto do seu patrimonio social. Tamén ten como obxecto a coordinación de actuacións específicas relacionadas co Camiño de Santiago e a cultura xacobea.
Creouse en 1991 con motivo do Ano Santo de 1993, o denominado “Xacobeo 93”.
En concreto, constitúe o obxecto da Sociedade a realización das seguintes actividades:
- A xestión dos ingresos e gastos derivados do funcionamento da rede pública de albergues o do resto de edificios da entidade.
- A coordinación das actuacións en materia de dotacións de albergues, de conservación, sinalización e recuperación do Camiño, así como a execución das encomendas de xestión que se puideran realizar nestas materias.
- As relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago.
- A coordinación de actuacións específicas relacionadas coa cultura xacobea, en especial as exposicións, así como a execución das encomendas de xestión que se puideran realizar nestas materias.
En 2016, a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo celebra a súas vodas de prata preparando xa o que será o seguinte ano santo: o 2021.
INFORMACIÓN DE CONTACTO:
Estrada Santiago-Noia km 3 s/n
15897 Santiago de Compostela
Teléfono de información xeral:
- Dende Galicia:
012 - Dende fóra de Galicia:
981 900 643 - Dende o estranxeiro:
00 34 981 900 643
Correo de información xeral:
- Correo electrónico: 012@xunta.es