A Biblioteca de Galicia inaugura unha exposición que profunda na historia iconográfica xacobea

A Xunta de Galicia inaugurou na Biblioteca de Galicia a mostra Imago Sancti Iacobi: a iconografía xacobea na Biblioteca de Galicia, unha exposición de percorre os deseños, iconas e ilustracións coas que foron representados o Camiño de Santiago, o Apóstolo e a cidade de Compostela ao longo dos séculos.

Comisariada por Daniel Buján e Nacho Cabano, a exposición reúne máis de 40 obras da colección da Biblioteca de Galicia sobre a evolución dunha tradición iconográfica que contribuíu enormemente a engrandecer o fenómeno xacobeo e a estendeu o coñecemento do Camiño de Santiago e Compostela.

A exposición ilustra as primeiras da cidade compostelá, e a paulatina aparición de iconografías e simboloxías do fenómeno xacobeo, algunhas xa presentes desde os primeiros volumes manuscritos dos séculos XII e XIII. Inclúe tamén as primeiras representacións do Apóstolo, que se continúan a través de impresos dos séculos XVI ao XIX, e nos que topamos a Santiago entronizado, peregrino ou a cabalo. E visita tamén simboloxías como a cuncha o báculo ou a cabaza que adorna estas figuras ou as de tantos e tantos peregrinos reflectidos en libros e estampas.

A re-interpretación que fixeron algúns dos grandes intelectuais galegos de comezos do século XX do tema xacobeo está igualmente presente nesta exposición. O mesmo que imaxes tan identificables na actualidade, como a frecha amarela, que tamén se pode ver en multitude de impresos e non só pintada nas pedras e demais sinais que marcan na actualidade o Camiño de Santiago.

A exposición poderá ser visitada na Biblioteca de Galicia de setembro a novembro en horario de 9,00 a 21,00 horas e o acceso será de balde.

 

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.