A Xunta convoca o XXII premio Elías Valiña que distingue o labor de entidades revitalizadoras do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia vén de convocar a XXII edición do Premio Elías Valiña, un galardón impulsado desde a Administración autonómica co fin de distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago. Trátase dun premio dotado con 10.000€ que recoñece o esforzo de asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan entre os seus fins a protección e fomento da Ruta Xacobea.

As bases publicadas no Diario Oficial de Galicia recollen que para optar ao galardón as entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento efectivo e deberán entregar nas súas solicitudes unha memoria xustificativa explicando o labor realizado neste campo. A convocatoria tamén contempla a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial a unha persoa física que teña contribuído coa súa traxectoria vital ao fomento dos valores do Camiño de Santiago.

O xurado, composto por membros da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e por expertos en materia xacobea, entre outros, valorará as candidaturas en función de catro criterios valorados cada un por un máximo de 25 puntos. O primeiro deles serán as intervencións encamiñadas á protección do patrimonio no que se terán en conta o número de actuacións e os lugares onde son realizadas. O segundo puntuará os traballos de investigación, documentación e fomento do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo para difundilo entre a cidadanía.

O terceiro criterio fai referencia ás accións de sensibilización e fomento do asociacionismo con fins relacionados co fenómeno xacobeo e coa organización de peregrinacións e outras actividades. O último deles, pola súa banda, valorará as accións encamiñadas a potenciar valores propios do Camiño na súa dimensión espiritual, solidaria e social.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte da publicación no DOG e as solicitudes deberán ser presentadas a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.