A Xunta de Galicia convoca os Premios Camiño de Santiago 2019 🗓

A Xunta de Galicia vén de convocar a nova edición dos Premios Camiño de Santiago 2019, cos que se recoñece a traxectoria e compromiso no eido xacobeo de diversos colectivos tanto de ámbito nacional como internacional, incluíndo actuacións públicas e privadas destinadas a conservar e mellorar o Camiño de Santiago, pero tamén investigacións e traballos que incidan na súa divulgación.

Os premios convocados pola Consellería de Cultura e Turismo están distribuídos en catro categorías: a primeira distingue as actuacións realizadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas galegas polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago oficialmente declaradas.

A segunda categoría premia as actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago. Como novidade con respecto a anos anteriores, establécense aquí dúas modalidades: asociacións de ámbito nacional e asociacións de ámbito internacional. A terceira liña distingue as actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa.

Finalmente, a cuarta recoñece as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativo, incluíndo por unha banda a modalidade de traballos de investigación desenvolvidos por universidades, centros de investigación ou similares e por outra banda a modalidade á que poderán optar os traballos de carácter educativo de centros de ensinanza de educación non universitaria da Comunidade galega.

A convocatoria realízase en réxime de concorrencia competitiva e para as categorías primeira e terceira establécense dous premios, un primeiro de 15.000 euros e un segundo de 5.000 euros. Na segunda categoría establécese un galardón de 10.000 euros para a modalidade de asociacións de ámbito nacional e outros 10.000 euros para a premiada como asociación de ámbito internacional. Na cuarta categoría, destinaranse 10.000 euros para a primeira modalidade e 5.000 euros para a segunda, que se corresponde cos traballos nos centros de ensinanza de educación non universitaria da Comunidade galega. Os interesados en concorrer a estes premios poden consultar as bases da convocatoria así como a documentación precisa a presentar e os prazos no DOG.

from to
Scheduled Eventos Noticias

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.