A Xunta de Galicia está a restaurar a basílica de Santa María a Maior de Pontevedra

A Xunta de Galicia iniciou os traballos de restauración e conservación preventiva na basílica de Santa María a Maior de Pontevedra. Trátase dunha actuación que conta cun prazo de execución de catro meses e que está comezando na cuberta da nave principal co obxectivo de mellorar a súa impermeabilización.

O obxectivo desta intervención é garantir a protección e conservación dun dos bens máis recoñecibles do patrimonio arquitectónico da cidade de Pontevedra. Concretamente, a intervención da cuberta está centrada en reparar o actual deterioro para eliminar a entrada de auga de chuvia por canles, terrazas e faldróns. Neste sentido, está previsto realizar un cambio de tella e a reposición dalgunhas placas deterioradas, así como arranxar as canles de evacuación da auga da cuberta, que se vai impermeabilizar, xunto coa terraza da torre do campanario.

A continuación, actuarase sobre as carpinterías das vidreiras que é preciso restaurar para mellorar as condicións de ventilación e na crestería de remate da cuberta co obxectivo de garantir a súa estabilidade e seguridade. Finalmente, acometerase a limpeza e rexuntado con morteiro de cal das fachadas sur e da ábsida.

BIC desde 1931

A basílica, que goza da consideración de ben de interese cultural coa categoría de monumento desde 1931, iniciou a súa construción a finais do século XV ou principio do século XVI nunha zona na que previamente existiu unha igrexa románica, dominando o río e aberta ao barrio da Moureira, na que se asentaban os mareantes, cuxo gremio promoveu e custeou as obras.

Entre os elementos de interese destaca a magnífica portada de estilo plateresco que, a modo de tapiz, queda enmarcada entre dous contrafortes. Ademais, conta con figuras e motivos decorativos no conxunto entre os que resaltan os grupos escultóricos da Asunción da Virxe e o do Tránsito. Ademais, na construción de Santa María participaron destacados arquitectos e mestres de obra como Diego Gil, Juan de los Cuetos, Cornelis de Holanda ou Domingo Fernández.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.