A Xunta de Galicia presenta o ‘Balance do Xacobeo 2021-2022’ en Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou o “Balance do Xacobeo 2021-2022”, nun acto celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia no que tamén se premiou o labor de difusión do Camiño de Santiago que realizan diferentes entidades, colectivos e personalidades de toda España.

O presidente agradeceu o labor a prol do Camiño de Santiago realizado por todos os premiados e fixo fincapé en que o Goberno galego segue a traballar para que Galicia se manteña coma un destino atractivo para o turismo, coa vista xa nos vindeiros Xacobeos.

Recoñecemento aos difusores do Camiño de Santiago

Un total de 22 entidades e persoas foron premiadas ao longo da gala pola súa contribución ao éxito deste Xacobeo 2021-2022 e pola promoción e difusión do Camiño de Santiago. Ademais, durante o acto fíxose un recoñecemento expreso aos patrocinadores do Xacobeo e houbo unha mención especial para a periodista Ana Rosa Quintana que realizou o Camiño en varias ocasións, a última durante 2021.

Na categoría de ‘Xacobeo Acollida’ foron galardoados a Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, a Federación Galega de Amigos do Camiño de Santiago; a Asociación galega de albergues privados (Agalber), o establecemento Ideas Peregrinas e se lle outorgou a título póstumo o premio de albergueira pública a Edita Núñez. No eido de ‘Vixilancia, Voluntariado e profesionais do Camiño’ foron recoñecidos o servizo de Protección Civil de Santiago, os voluntarios de American Pilgrims e os profesionais do transporte, representados nun taxista que recolleu o premio.

No eido deportivo galardoouse a carreira ciclista O Gran Camiño, ao director de La Vuelta, Javier Guillén, a regatista Alicia Freire e a asociación Discamino que facilita que as persoas con discapacidade poidan peregrinar a Santiago. Dentro da categoría ‘Xacobeo experiencias’ premiouse a Iniciativa Galicia Ilusiona, o traballo do Colexio Cristo Rey de Ferrol, a iniciativa ‘Siente Galicia’ e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

Por último, no apartado ‘Xacobeo institucional’ recibiron un recoñecemento o Centro Internacional de Acollida do Peregrino; o Clúster Turismo de Galicia; a primeira Mancomunidade do Camiño Francés (Triacastela) e a última en constituírse (Fisterra-Muxía), Turespaña e o Concello de Madrid.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.