A Xunta de Galicia presentou o avance da Programación do Xacobeo 2021

O presidente da Xunta avanzou a Programación do Xacobeo 2021, no marco da reunión da Comisión Organizadora e co obxectivo de facer un Xacobeo 2021 para todos, con todo e en toda Galicia.

A Xunta ten en marcha numerosas iniciativas como: o programa O teu Xacobeo, grazas á cal os galegos están facendo realidade centos de proxectos artísticos, culturais, sociais ou innovadores en toda a Comunidade, cun apoio de 8 millóns de euros; ou o Son do Camiño ; e o proxecto 3Camiños, unha serie de ficción que se rodará en 3 continentes e 5 países, cun argumento que se artella arredor dun grupo de mozos que, nun momento crucial das súas vidas, deciden emprender o Camiño de Santiago, e que se distribuirá internacionalmente, cunha audiencia prevista de 5 millóns de espectadores.

Tres grandes exposicións debuxarán o Ano Santo desde unha perspectiva nunca vista. A primeira delas, Galicia, un relato no mundo, xa está en marcha e é a máis visitada da historia da Cidade da Cultura; de maio a decembro do ano que vén, abrirase a mostra Galicia de Nós a Nós, coa que se celebrará o centenario da conformación da Xeración Nós e da Revista Nós, xunto a outros eventos ao longo de todo o 2020; e a exposición Galicia Futuro terá lugar de abril a setembro de 2021, cunha reflexión do futuro da comunidade tendo en conta os ámbitos sociais, económicos e culturais.

No apartado da edición literaria, xa están en marcha dúas publicacións baixo o título A Catedral de Santiago: unha visión integral. A restauración e conservación da Catedral 2011-2027, que farán accesible para o público non especializado a fascinante historia da Catedral, desde o inicio da súa construción ata os nosos días, co relato de destacados especialistas.

Así mesmo, e para que o Xacobeo 2021 sexa para todos e con todos, desenvolverase o Xacobeo Cidades, con música, artes escénicas ou exposicións organizados en colaboración cos concellos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra; e cunha programación na que están contempladas 120 actividades e ás que está previsto que asistan máis de 300.000 persoas.

Co mesmo espírito organizarase, tamén, o Xacobeo en Camiño, co que se chegará ás principais vilas e cabeceiras de comarca, uns 76 concellos, a través de 1.400 actividades.

Fotografía: Xacobeo 2010_Concerto de Jean Michel Jarre

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.