A Xunta licita a restauración do ciborio e fachada sur da catedral de Ourense

A Xunta de Galicia licitou as obras de restauración do ciborio e fachada sur da catedral de San Martiño en Ourense. Trátase dunha actuación incluída no Plan Catedrais de Galicia 2021-2027 dotada con case 600.000€ dirixida a garantir a protección e conservación deste Ben de Interese Cultural e que eleva o compromiso da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades con este monumento.

Unha vez adxudicadas, as obras terán unha duración aproximada de cinco meses e permitirán, entre outros aspectos, mellorar as condicións de conservación da fachada e eliminar as filtracións de auga que afectan á zona do ciborio e que están a provocar problemas de arenización na pedra e aumento da presencia de sales. Ademais, tamén se mellorará o sistema de evacuación de augas pluviais e de ventilación e se solucionarán os problemas de estanquidade nas fábricas.

Cambio na cuberta

En concreto, na zona do ciborio substituirase a cobertura de baldosín por unha cuberta de zinc e proxectarase un novo acceso para o mantemento. Así mesmo, tamén está previsto cambiar o sistema de evacuación de augas pluviais por outro que teña carácter continúo e unitario que evite as filtracións e realizar traballos complementarios nas cazoletas e conducións interiores ata as gárgolas.

Co fin de resolver os problemas de humidade e garantir unha mellor ventilación, tamén se propón, entre outras medidas, a impermeabilización no paso de ronda, a limpeza das fábricas e a substitución das carpinterías. O proxecto complétase coa eliminación do sistema antipaxaros existente e coa restauración da crestería, cordón trenzado, baquetóns dos ocos e demais elementos singulares.

No toncante á fachada sur, os traballos centraranse en limpar de conolonizacións biolóxicas e sucidade a pedra e en cambiar os rexuntados de morteiro de cemento por uns de cal. Igualmente, actuarase nos beirís, cornixas e cubertas do tellador para minizar o impacto da auga na fachada e mellorarase a carpintaría da vidrera do rosetón.

Por último, os traballos contemplan a restauración da porta de madeira fachada, das portadas románicas, do torreón, dos vítores e dos elementos escultóricos do tellador.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.