A Xunta recoñece ás asociacións de Amigos do Camiño de Cuenca e Brasil na XXIV edición do Premio Elías Valiña

A Xunta de Galicia recoñece o traballo das asociacións de amigos do Camiño de Santiago de Cuenca e Brasil na XXIV edición do Premio Elías Valiña. Así, tal e como se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, os galardoados deste ano son a Asociación Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz de Cuenca e a Associação dos Amigos do Caminho de Santiago de Compostela do Estado do Rio Grande do Sul de Brasil.

O galardón impulsado desde a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades inclúe tamén unha mención especial ao historiador Paolo Caucci von Saucken pola súa traxectoria académica, investigadora, organizativa e dinamizadora dos Camiños de Santiago con altura científica e unha valiosa proxección internacional de renovación e mantemento dos valores da peregrinación.

Este recoñecemento, dotado con 15.000€, diríxese a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan entre os seus fins a protección e fomento da Ruta Xacobea. Ademais, segundo se recolle nas bases, para optar o premio as entidades solicitantes deben ter unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento e acreditar o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores do Camiño de Santiago tanto dentro como fóra de Galicia.

Na Asociación Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz de Cuenca tívose en conta o seu labor para potenciar e coordinar a revitalización, defensa, conservación, investigación, limpeza, protección e potenciación do patrimonio histórico-cultural dos Camiños de Santiago e os camiños que percorreu Fray Francisco de la Cruz.

No caso da Associação dos Amigos do Caminho de Santiago de Compostela do Estado do Rio Grande do Sul de Brasil, o xurado valorou o esforzo revitalizador e promocional dos valores propios dos Camiños de Santiago feito por esta entidade que leva desde o ano 1999, apoiando e informando a peregrinos e desenvolvendo actividades para promover a Ruta Xacobea desde o eido cultural e histórico.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.