A Xunta subliña o carácter inclusivo e integrador do Xacobeo 21 e destaca o impulso á accesibilidade nos albergues públicos

O conselleiro de Cultura e Turismo e a conselleira de Política Social presentaron con Aspanaes o futuro centro asistencial e turístico do Monte do Gozo

O Goberno galego investirá 800.000 euros para acometer as melloras oportunas, no antigo cámping do complexo, onde se situarán as instalacións

O acordo permitirá a posta en marcha dun centro de atención diúrna terapéutica e favorecerá a organización de estadías ou campamentos para persoas con autismo

Román Rodríguez lembrou que o Plan Estratéxico do Xacobeo 21 recolle a integración como un dos seus principais valores

Fabiola García salientou que este acordo é un novo paso adiante de todo o Goberno galego en facer a Galicia máis accesible da historia

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2019

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, subliñaron o carácter “inclusivo e integrador” do vindeiro Xacobeo 21 e destacaron as accións de impulso da accesibilidade na totalidade dos albergues da rede pública do Goberno galego. Fixérono hoxe durante a sinatura dun convenio coa presidenta da Asociación de Pais e Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes), María José Álvarez, para a cesión durante 33 anos do antigo cámping do Monte do Gozo, onde se creará un novo centro asistencial e turístico.

En virtude deste acordo, a Xunta investirá 800.000 euros para acometer actuacións de mellora do recinto, que albergará un novo centro de atención diúrna e de prevención. Ademais, o proxecto inclúe o desenvolvemento dunha iniciativa innovadora que permitirá organizar estadías ou campamentos para o colectivo de persoas con autismo, convertendo esta área nun polo de atracción para un sector da poboación que, tal e como explicou o titular de Cultura e Turismo, “sofre na meirande parte das ocasións a falta dunha oferta turística adaptada ás súas necesidades”.

Deste xeito, Román Rodríguez celebrou que a través deste convenio, o Monte do Gozo poida converterse, ademais de nun espazo simbólico para o feito Xacobeo, “nun exemplo de turismo inclusivo e integral”. Precisamente, lembrou que o Plan Estratéxico do Xacobeo 21 recolle a integración como un dos valores centrais desta celebración, tanto no que respecta á programación do evento como no que atinxe á accesibilidade do Camiño.

Política Social
Pola súa banda, a conselleira de Política Social salientou que este acordo é un novo paso adiante no compromiso de todo o Goberno galego en facer a Galicia máis accesible da historia. Destacou tamén a suma de esforzos de administracións e entidades como o mellor xeito de ofrecer máis facilidades que nunca ás persoas con discapacidade e as súas familias.

Fabiola García, que felicitou a Aspanaes polos seus 40 anos de traballo, recordou que a Xunta de Galicia conta cos orzamentos máis sociais da súa historia, con 106 millóns de euros destinados á atención ás persoas con discapacidade, un 63% máis que hai unha década. Uns fondos que, entre outras cousas, permitiron renovar en marzo o convenio coa Federación Autismo Galicia, da que forma parte Aspanaes, por un importe de 163.000 euros.

Reserva de praza para persoas con discapacidade
O conselleiro de Cultura e Turismo recordou que o Goberno galego impulsou nos últimos anos distintas actuacións polas cales a totalidade dos establecementos da rede pública da Xunta son totalmente accesibles ou practicables. Entre esas actuacións destacan a adaptación de aseos e dormitorios ou a instalación de sistemas de braille e bucle magnético en distintos albergues titularidade da Xunta.

Ademais, no marco do novo Plan de Albergues do Executivo autonómico contémplanse diferentes accións neste eido como a instalación de pictogramas en todos os albergues da rede pública, a edición dun catálogo-guía sobre as dotacións en materia de accesibilidade dos distintos establecementos ou a posibilidade de que grupos de persoas con discapacidade poidan reservar praza nos mesmos, algo que se autorizará só para os membros deste colectivo.

Recuperación do Monte do Gozo
A sinatura deste acordo forma parte da última fase do proceso de revitalización do complexo do Monte do Gozo impulsado pola Xunta de Galicia. Desde 2016 acometéronse actuacións como a adecuación do parque, a creación dun área de piscinas públicas ou a mellora do auditorio e investíronse 2 millóns de euros na reforma e actualización do complexo de aloxamento, con capacidade para 620 prazas.

Entre as actuacións previstas para este ano, Román Rodríguez destacou a licitación do proxecto de creación dun Xardín de Inverno poboado con especies autóctonas que sexa, á vez, “unha nova área de recreo e un novo recurso turístico da zona cun amplo potencial didáctico”. “Queremos que o Monte do Gozo sexa un lugar de encontro para peregrinos e turistas, para as persoas con calquera tipo de discapacidade e as súas familias e, en definitiva, para todos os galegos”, puntualizou.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.