Anxo Varela Centelles

Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata 🗓 🗺
De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren este camiño de peregrinación.

O título da mostra fai referencia a unha frase recollida no libro IV do Códice Calixtino no que se narra a aparición do Apóstolo Santiago ao emperador Carlomagno onde lle pide que o seu exército combata ás xentes pagás, libere o seu camiño e visite a súa basílica e sartego profetizando…”e despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar…”.

Espazo: Centro Cultural Marcos Valcárcel

Dirección: Rúa Progreso, 30. Ourense

Datas: Do 7 de novembro ao 8 de decembro

Apertura ao público: 7 de novembro

Horario: Luns a venres de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00

Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00h

Organiza: Xacobeo 2021. Xunta de Galicia

Colaboran: Deputación de Ourense-Centro Cultural Marcos Valcárcel

A Xunta e a Deputación de Pontevedra lanzan ‘Camiño A Dentro’: dez accións de mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués 🗓
O proxecto, enmarcado en ‘O teu Xacobeo’, desenvolverase en dez concellos polos que pasa a ruta interior e a da costa e inclúe desde teatro, poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía

Pontevedra, 26 de setembro de 2019

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra desenvolverán nos meses de outubro e novembro Camiño A Dentro, un novidoso proxecto cultural con dez accións artísticas en distintos concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués ou o Camiño Portugués da Costa. Todos os eventos correrán a cargo de mulleres artistas de recoñecida traxectoria e inclúen desde música en vivo, poesía e teatro a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía. Os actos desta iniciativa, desenvolvida a través de Turismo Rías Baixas e enmarcada no programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, empezarán en Baiona o día 3 de outubro e rematarán o día 25 en Soutomaior. No mes de novembro terá lugar a presentación do catálogo do proxecto.

Camiño A Dentro ten como obxectivo pór en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos e peregrinas. O programa arranca nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona o día 3 e continuará nos días seguintes sucesivamente en Redondela, Caldas de Reis, O Porriño, Oia, A Guarda, Pontevedra, Nigrán, Tui e Soutomaior.

O proxecto conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. A iniciativa está comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora tamén do programa Mulleres en Acción.Violencia Zero da Deputación de Pontevedra.

O Camiño Portugués é a segunda Ruta Xacobea máis transitada de cantas conducen a Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinos e peregrinas en 2018 e en aumento constante nos últimos anos. O Camiño da Costa, que cruza todo o litoral desde A Guarda deica Redondela, tamén rexistra un progresivo incremento de peregrinos e peregrinas, con 13.638 en 2018. Así, as dúas rutas vencelladas ao país veciño superan as 81.500 persoas ao ano en tránsito pertencentes a un grande abano de nacionalidades.

Camiño A Dentro afondará, cunha ollada cultural, na relación entre Camiño e territorio e na interacción entre a veciñanza e os peregrinos e peregrinas.

CALENDARIO

Xoves 3 de outubro BAIONA

Xardíns da Casa da Navegación – 18:30 horas

Dores Tembrás – Poesía, acción poética

Venres 4 de outubro REDONDELA

Exterior da Casa da Torre – 18.30 horas

Carmen Quinteiro – Acción poética con música en vivo.

Sábado 5 de outubro CALDAS DE REIS

Xardín Botánico – Instalación durante o día, coa participación do público. – 18.00 horas

Ruth Montiel Arias – Instalación artística.

Xoves 10 de outubro O PORRIÑO

Praza do Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello – 12:00 horas

Dúas, Sabela Caridad e Marta Figueiredo – Percusión

Venres 11 de outubro OIA

Inmediacións do mosteiro de Oia-Praza Centinela – 18.00 horas

María Meijide – Pintura e ilustración

Mércores 16 de outubro A GUARDA

Praza do Reló, diante do Concello – 18:30h

Inherente – Teatro

Xoves 17 de outubro PONTEVEDRA

Praza da Ferraría – 12.30 horas

Lucía Loren – Instalación Artística.

Venres 18 de outubro NIGRÁN

Praza do Concello – 19.30 horas

Carla Andrade – Fotografía e videocreación.

Sábado 19 de outubro TUI

Praza de San Fernando (diante da Catedral) – 18:30 horas

Nastasia Zürcher – Música

Venres 25 de outubro SOUTOMAIOR

12.00 horas

Helen Bertels – Acción Escénica

Máis información: Deputación de Pontevedra – Rías Baixas

Semana Cultural da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Segovia 🗓
A Asociación de amigos do Camiño de Santiago en Segovia organiza do 14 ao 20 de outubro a Semana Cultural 2019. Este ano celebrarán o 20º aniversario da Asociación.

Programa Semana Cutural 2019

O teu Xacobeo une a música contemporánea co Camiño Portugués a través do ciclo ‘En ruta’ 🗓
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe en Tui este ciclo de concertos apoiado pola Xunta que recalará tamén en Valga e Padrón

Tui (Pontevedra), 25 de setembro de 2019

O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a iniciativa En ruta, un ciclo de concertos dentro da programación de Vertixe Sonora que unirá música contemporánea con experiencias do Camiño de Santiago, fomentando a creación de vangarda cara á tradición. O proxecto enmárcase no programa O teu Xacobeo posto en marcha polo Goberno autonómico para promover actividades de dinamización na antesala do Ano Santo en toda a Comunidade.

En ruta comezará este domingo en Tui, continuará os días 6 e 7 en Valga e rematará o 12 de novembro en Padrón. Ademais dos concertos, desenvolveranse accións sonoras co alumnado de centros educativos de Tui, Mos, Pontecesures e Redondela. Ao fío disto, Anxo M. Lorenzo destacou que O teu Xacobeo “estase espallando desde o inicio de curso escolar por decenas de centros educativos galegos, con todo tipo de actividades vinculadas ao Camiño”.

Nos concertos tocaranse pezas de 10 compositores nun ciclo de estreas absolutas que remarca a unión natural de música e transmisión de cultura no Camiño Portugués, adaptándoa aos medios e tecnoloxías contemporáneas. A intención é implicar ao público que fai camiño, á veciñanza e aos visitantes.

O representante da Xunta lembrou que O teu Xacobeo está a celebrar outras accións musicais ao longo deste outono como Camiño de cantares, con música vocal e medieval como protagonistas, a música indie do festival Musgo, que se celebrará o19 de outubro, en Ourense; a proposta de Ateneo Barroco que inicia os seus concertos el 1 de outubro en Compostela; ou a Fundación Vicente Risco, que programa un ciclo de concertos coa gaita como protagonista de música de cámara.

Festival Vertixe Sonora 2019

Durante a presentación, na que alumnos do Colexio Plurilingüe San José da Guía recrearon o son dun estanque de ras coa axuda de elementos atopados no Camiño, Anxo M. Lorenzo estivo acompañado do director artístico de Vertixe, Ramón Souto, quen engadiu que En ruta marca o inicio da programación do Festival Vertixe Sonora 2019, cuxa andaina está vinculada ás cidades de Vigo e Pontevedra, pero que espalla cada ano as súas accións ao redor da creación musical contemporánea a novas localidades.

Ademais de En Ruta, O teu Xacobeo celebrará dentro da programación de Vertixe Sonora, o ciclo Latexos, que explora o Camiño Primitivo como oportunidade de conexión coa natureza, e autocoñecemento mediante a estimulación sensorial, a través de diversas actividades que promoverán o diálogo entre a poboación local e os peregrinos.

Dosier-7º-Festival-Vertixe-Sonora

IV SEMANA JACOBEA EN ÁVILA 🗓
Desde o próximo 30 de setembro e ata o día 4 de outubro, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago en Ávila comeza a IV Semana Xacobea en Ávila, que este ano está chea de actividades culturais, ás que nos gustaría puidésedes participar en todas.

Estas Xornadas Xacobeas teñen como fin, dar un maior coñecemento do Camiño de Santiago, ao seu paso pola provincia de Ávila, para toda a poboación en xeral, sobre todo no ámbito cultural, cun amplo e diverso programa moi interesante, para todas as idades.

Desde o Cinema Forum, que comeza o día 30 de setembro, ás 19 h. no salón de actos da Biblioteca Pública da Junta de Castilla y León, onde proxectaremos a película O Apóstolo, película de animación e divertida; moderado polo crítico de cinema D. Juan Carlos do Pozo.

Dous relatores van acompañar nas conferencias dos días 1 e 2 de outubro, na sala do Episcopio ás 20’00 h.

O día 1, D. José Almeida, escritor e hospitalero, que nos falará sobre a hospitalidade e o Camiño e

O día 2, D. Javier Pérez de Andrés, gran comunicador, xornalista… analizaranos e reflexionará como esta o camiño na nosa provincia a poucos días do próximo Xacobeo.

Teremos xornadas de portas abertas o día 3 no albergue Las Tenerías. Con horario de 11 a 13.30 h e de 16 a 19 h.

O día 4 de outubro, dedicarémolo aos nenos cun conta contos do Camiño, aproveitando os nosos concursos de contos, “Poleo y Menta” vánnolos a contar, á parte doutros, por suposto e esta actividade vai ter un carácter solidario, pois se vai a cobrar 2 € `por entrada, e o que se recade irá parar a un Centro de atención integral “Enseñame a volar” de persoas con discapacidade en Guatemala.

Haberá dúas sesións ás 18’30 e ás 19.30 h no El Episcopio.

E como nos parecía pouco…..pois engadimos o seguinte.

Do 18 ao 30 de outubro, tamén no El Episcopio, poderemos visitar unha Exposición de Fotografía “Los Caminos de Santiago en Galicia” que nos cede o Xacobeo da Xunta de Galicia.

Recoméndovola, moi bonita…

Esperamos que vos gusten todas estas propostas e poidades participar en todas elas. E animar ao público en xeral que non se perda cada unha destas actividades para un coñecemento máis profundo do Camiño de Santiago.

O teu Xacobeo impulsa ‘Pequegrino’, unha credencial do Camiño para os máis pequenos
A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, presenta esta iniciativa que pretende divulgar os valores do Camiño nun tramo da ruta portuguesa

Tui (Pontevedra), 21 de setembro de 2019

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, presentou hoxe, no marco do programa O teu Xacobeo, a iniciativa Pequegrino, unha credencial que os máis pequenos poden obter logo de percorrer un curto tramo do Camiño Portugués ao seu paso pola localidade de Tui.

Os máis peregrinos deberán seguir as frechas amarelas partindo da ponte internacional ata chegar a igrexa de San Bartolomé. Ao longo deste percorrido, polo que descubrirán algúns datos sobre o patrimonio deste Camiño como que o pórtico da catedral de Tui foi o primeiro de seu tipo de toda a Península, deberán obter un mínimo de tres selos. Unha vez rematado, os nenos só terán que pasar unha proba máis: acertar tres enigmas, a modo de xogo. Logo disto xa poderán recoller o seu diploma de Pequegrino no albergue Ideas Peregrinas ou na oficina de Turismo do Concello de Tui.

Na presentación, Cecilia Pereira estivo acompañada polas promotoras da iniciativa, Mónica e Silvana Crisóstomo, de Ideas Peregrinas, e máis polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Todos eles, xunto a un grupo de pequenos e as súas familias, realizaron un pequeno percorrido ata o pórtico da catedral de Tui. Pereira louvou o proxecto por permitir achegar aos máis pequenos os valores do Camiño de Santiago.

Ao abeiro de O teu Xacobeo, programa de dinamización do Ano Santo 2021, ten previsto desenvolverse ao longo do actual curso escolar varias accións co obxectivo de achegar a miles de escolares de Galicia a importancia do Camiño de Santiago. Algunhas destas propostas son xornadas, unidades didácticas, tramos segundo as idades, ou actividades extraescolares que teñen o Camiño de Santiago e o seu patrimonio, como tema central.

O teu Xacobeo é un programa aberto a toda a sociedade galega para propiciar a posta en marcha de 352 proxectos, cunha inversión de 4,7 millóns de euros, buscando sempre a participación e a descentralización do vindeiro Ano Santo.

Galicia acollerá en 2020 unha reunión do Comité das Rexións sobre o Camiño de Santiago como modelo distinto de turismo en Europa
A proposta galega saíu elixida por diante da candidatura alemá de Wismar por un amplo marxe de votos na decisión final dos membros do CdR na cuarta reunión do ano da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do propio Comité

O futuro evento da Comisión NAT, que se celebrará en 2020 en Santiago, constará dunha conferencia sobre posibles vías de explotación do turismo sustentable na UE e unha reunión entre os representantes rexionais e locais do CdR

Na reunión de hoxe da Comisión NAT tamén houbo un debate xeral sobre as consecuencias da masificación turística en Europa e do seu impacto nas comunidades rexionais e locais europeas

Bruxelas, 16 de setembro de 2019

Galicia acollerá no ano 2020 unha reunión do Comité das Rexións sobre o Camiño de Santiago como modelo distinto de turismo en Europa segundo a votación que tivo lugar hoxe en Bruxelas, onde a candidatura galega competía coa proposta da cidade alemá de Wismar, capital de Mecklemburgo Noroccidental. Tras unha votación xeral cargada de incerteza, os membros do CdR elixiron finalmente a candidatura de Galicia, o que permitirá subliñar o carácter europeísta da nosa comunidade como etapa final do Camiño de Santiago e estreitar os vencellos no eido da Unión Europea, asentados nos valores da solidariedade e a concordia.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, anunciou que a proposta galega de actividades externas consistirá nunha reunión dos membros do CdR, xunto a unha conferencia sobre posibles modelos de turismo sustentable na UE, co Camiño de Santiago como caso representativo dentro deste sector económico. Ambas actividades vanse celebrar durante o primeiro semestre do ano 2020 en Santiago de Compostela. Gamallo defendeu a pertinencia da proposta galega ante o resto de representantes rexionais e locais europeos, ao estar directamente relacionada co programa de traballo e as prioridades políticas da Comisión NAT e do propio Comité Europeo das Rexións no tocante ao desafío do turismo sostible.

Para o Goberno galego, o Camiño de Santiago representa un bo exemplo para outras rexións e cidades europeas que buscan un modelo de turismo capaz de axuntar o desenvolvemento económico e a competitividade, coa sustentabilidade dos recursos naturais e o patrimonio, funcionando así mesmo, como elemento vertebrador da cultura rexional e da cohesión social e xeográfica. Ademais, o director xeral tamén remarcou na reunión que o desenvolvemento de novos modelos de turismo debe ir da man dunha progresiva dixitalización e de innovación, para así lograr unha oferta turística atractiva, competitiva e sustentable.

Deste xeito, a Xunta de Galicia organizará en 2020 esta reunión da Comisión NAT sobre o Camiño e outras vías posibles de turismo sustentable nas rexións e cidades da UE, como antesala ao proxecto do Xacobeo 2021. Dentro de dous anos, o Xacobeo 2021 conmemorará en Galicia o Ano Santo Xacobeo para, entre outros obxectivos, destacar e promocionar a riqueza cultural, natural, humana e empresarial do Camiño de Santiago; visibilizar o patrimonio cultural da ruta xacobea; impulsar a dinamización das áreas rurais atravesadas polo Camiño; e convidar ao diálogo sobre este gran itinerario cultural europeo.

Debate sobre o estado actual do sector turístico na Unión Europea

O debate que abriu esta cuarta reunión anual da Comisión NAT titulouse ‘Turismo: novas tendencias, desafíos e solucións’, e foi introducido polo presidente da Comisión NAT, o finés Ossi Martikainen, intervindo como relatores diversos membros do CdR, representantes da Dirección Xeral de Crecemento (DG GROW) da Comisión Europea, xunto ao presidente da Rede de Rexións Europeas para un Turismo Competitivo e Sostible (NECSTouR) da que Galicia forma parte.

Este debate xeral sobre o turismo europeo serviu coma un punto de encontro fronte á preocupación existente tanto nas administracións rexionais e locais da UE coma no propio Comité Europeo das Rexións ante a masificación do turismo europeo. Concretamente, pola presión significativa que sofren as infraestruturas, os recursos naturais e a capacidade de acollida das comunidades locais coa visita, ano tras ano, de miles de millóns de turistas internacionais. Esta situación está levando a algúns dos destinos europeos máis populares (Venecia, Bruxas, Dubrovnik…) a tomar cada vez máis medidas para protexer as súas paisaxes, monumentos e poboacións locais.

Por esta razón, a Comisión NAT decidiu celebrar este debate a fin de estudar a cuestión da sustentabilidade da industria turística europea e o seu impacto nas comunidades locais e rexionais da UE. Esta liña de traballo do Comité Europeo das Rexións respecto ás posibles formas de turismo sustentable entronca cun documento do Consello da UE publicado en maio que indica que o turismo é un dos sectores centrais da economía europea, cuns efectos cada vez máis positivos sobre o crecemento económico, o desenvolvemento rexional e o emprego de toda Europa. Isto é debido a que o sector turístico representa preto do 10% do PIB da Unión e uns 12 millóns de postos de traballo. De feito, a Unión Europea é o primeiro destino turístico mundial, cunha cota de máis do 40% do mercado mundial en 2018.

A Comisión NAT do Comité Europeo das Rexións

Neste mandato, Galicia participa tanto na Comisión de Recursos Naturais (NAT) coma na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións. A Comisión NAT do CdR ocúpase de temas como a Política Agrícola Común (PAC), o desenvolvemento rural, a silvicultura, a produción alimenticia, a política pesqueira común ou a política de asuntos marítimos, entre outras atribucións.

O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

A Xunta afianza no Gaiás ‘Reb/veladas na paisaxe’ cunha nova edición con pezas artísticas vencelladas co Camiño de Santiago
O ciclo continúa a súa aposta polas zonas naturais da Cidade da Cultura como espazos culturais e pola maior presenza da muller na arte con tres comisarias galegas: Paula Cabaleiro, Sara Donoso e Monserrat Pis Marcos

As intervencións artísticas de Alicia Framis, Pablo Barreiro e Clara Montoya teñen un diálogo físico, visual ou conceptual coa peregrinación e con Compostela

O conselleiro de Cultura apunta o interese deste ciclo tamén entre os peregrinos, que poden sentirse interpelados e incluír a súa visita á súa chegada a Santiago

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

A Xunta de Galicia consolida na Cidade da Cultura o ciclo Reb/veladas na paisaxe coa inauguración hoxe da súa segunda edición, que mantén a súa cerna no valor cultural dos espazos naturais do Gaiás ‒Xardín Literario e Bosque de Galicia‒ e na visibilidade da muller na arte contemporánea ao volver apostar por comisarias galegas. A novidade deste ano é a súa incorporación á programación do Xacobeo 2021, xa que as tres intervencións artísticas están vencelladas co Camiño de Santiago.

Durante a inauguración, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, gabou a “orixinal exploración” da relación do Gaiás co Camiño de Santiago que se pode apreciar nas intervencións de Alicia Framis (Barcelona, 1967), Clara Montoya (Madrid, 1974) e Pablo Barreiro (Meaño-Pontevedra, 1982), artistas escollidos polas tres comisarias galegas Paula Cabaleiro, Monserrat Pis Marcos e Sara Donoso, respectivamente.

Neste senso, o titular de Cultura e Turismo considerou o monte Gaiás como unha “atalaia estratéxica” entre o Camiño Francés e a Vía da Prata, xa que lembrou que esta última ruta fai a súa entrada a Compostela polo barrio de Sar, “que transcorre paralelo á faldra oeste do Bosque de Galicia da Cidade da Cultura”. Neste contexto, valorou que as tres propostas ‒ademais de confirmar as posibilidades da creación artística “fóra do espazo museístico”‒ procuran o “diálogo físico e visual” co Camiño de Santiago, a catedral e a cidade histórica de Compostela, “como meta e destino de peregrinación”.

Caixa de correos, música para as estrelas e o barroco compostelán

En concreto, Alicia Framis xoga en Deixa aquí os teus medos coa lectura da peregrinación como punto de fuga e de deixar atrás. E faino cunha caixa de correos en forma de pirámide —situada no Xardín Literario— onde se poden depositar os temores en forma de carta ou postal.

Clara Montoya ponlle música a bóveda celeste do Gaiás en Constelancións II. Deste xeito, situou unhas cadeiras con altofalantes na cola do Museo Gaiás, localizada na faldra oeste do Bosque de Galicia, a modo dun perfecto miradoiro ao casco histórico compostelán. Ao sentarse nelas, e tendo e conta a rotación da terra en tempo e orientacións reais, o visitante escoitará un coro interpretar a música designada á estrela que ten enriba. Precisamente, estes astros están ligados estreitamente coa historia de Compostela e as Rutas Xacobeas.

Mentres, en (Re)producións (entre o erro e a verdade), Pablo Barreiro recrea algúns dos elementos máis icónicos que se poden atopar no Barroco compostelán para posteriormente situalos, descontextualizados, no paseo asfaltado que se atopa entre o Xardín Literario e o Bosque de Galicia. Motivos das fachadas da Casa do Cabido e do convento de Santa Clara e diferentes ornamentos de San Martiño Pinario e da Catedral son imitados a escala 1/1 e dialogan agora, a modo de instalación, no espazo da Cidade da Cultura.

As comisarias e artistas anteriores

Con estas novas intervencións, esta segunda edición enriquece e amplía a creatividade artística comezada o ano pasado cando botaron a andar o ciclo Chus Martínez Domínguez, Ánxela Caramés e Antía Cea García. Naquela ocasión, estas tres comisarias galegas escolleron as e o artista Beatriz Lobo, Paul E. Guy e María Kulikovska, respectivamente.

As súas instalacións —un merendeiro no que grafitear, unha caseta observatorio de paxaros e unhas figuras femininas de xabón a escala real acazapadas entre as árbores— integráronse nas zonas naturais do Bosque de Galicia e o Parque do Lago creando non só un novo espazo creativo mentres durou Reb/veladas na paisaxe, senón tamén unha andaina-ruta artística, que contou con visitas comentadas.

Apeiros de labranza para a sinalización

Esta edición de Reb/veladas na paisaxe volveu contar co estudio Cenlitrosmetrocadrado para levar a cabo o sistema de sinalización. O modelo elixido caracterízase, ademais de pola súa incuestionable funcionalidade, pola súa orixinalidade, á vez que a súa axeitada integración no territorio, xa que as infraestruturas emulan a un apeiro de labranza, o que lle confire tamén un carácter pouco invasor.

Na páxina web da Cidade da Cultura pode atoparse máis información polo miúdo destas tres instalacións de Reb/veladas na paisaxe.

Folleto de sala en galego, castelán e inglés

O teu Xacobeo pon en marcha Musgo, o primeiro festival de música do outono en Ourense 🗓
Celebrarase o 19 de outubro e polo seu escenario pasarán artistas indie como Blanco Palamera ou Lince entre outras nacionais e internacionais

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, presentou hoxe o evento

Ourense, 19 de setembro de 2019

O programa O teu Xacobeo pon en marcha Musgo, o primeiro festival musical de outono que acolle a cidade de Ourense e que se celebrará na praza Saco e Arce o 19 de outubro. O evento foi presentado pola comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, quen destacou a descentralización deste programa da Xunta de Galicia e informou de que esta iniciativa cultural contará con oito concertos de música de balde.

Cecilia Pereira referiuse á capacidade de O teu Xacobeo para chegar a todos os públicos abarcando distintos estilos musicais nas propostas culturais que ao longo deste outono se espallarán por Galicia ao abeiro desta programación. Tamén incidiu na tradición xacobea de Ourense, de feito, o festival desenvolverase na zona sur do casco vello, que é a entrada natural da Vía da Prata na cidade das burgas.

Pola súa banda, Adrián Fragueiro, promotor do festival, salientou a necesidade de facer propostas culturais en espazos públicos desaproveitados e aclarou que o horario dos concertos rematará á medianoite para garantir o descanso da veciñanza. O promotor tamén explicou que o evento trata de dinamizar as rutas de peregrinación desta provincia como antesala do Ano Santo 2021.

Bandas indie nacionais e internacionais

As bandas que formarán parte do cartel de Musgo pertencen todas elas á escena independente e son tanto galegas como estatais e internacionais. É, polo tanto, o primeiro festival indie que se celebra en Ourense. Polo escenario de Musgo pasarase Blanco Palamera, de Compostela; Lince, de Portugal; Yana Zafiro, de Ucrania aínda que residentes en Murcia; Ladrillo y Mujer, de Ourense e Coruña; Whales, de Portugal; Mourn, de Barcelona; AK/DK, de Reino Unido e Baiuca, de Pontevedra.

Na provincia de Ourense, O teu Xacobeo permite impulsar 33 proxectos en diversos concellos da provincia. Estas iniciativas supoñen un investimento de máis de 350.000 euros por parte da Xunta de Galicia e permitirá mobilizar preto de 615.000 euros.

A Xunta confía en que a primeira edición do Camiño Race sexa todo un éxito que converta a Compostela na sede do campionato do mundo de carreiras de obstáculos en 2021 🗓
O Camiño Race encádrase dentro do programa O teu Xacobeo e conta cunha achega de 23.000 euros da Xunta de Galicia entre o patrocinio do Xacobeo e o da Secretaría Xeral para o Deporte

Santiago, 19 de setembro de 2019

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe, xunto ao director da proba, Manuel Blanco e o deportista Damian Espasandín, a primeira edición de O Camiño Race, unha carreira de obstáculos (OCR) que agarda que preto dun milleiro de participantes completen o vindeiro sábado 19 de outubro o percorrido de oito quilómetros e máis de 30 obstáculos con saída e chegada na Cidade da Cultura e que transitará polo Bosque de Galicia.

Na presentación, Lete Lasa, falou das “enormes posibilidades que ten Galicia nesta disciplina deportiva” grazas a atletas como o propio Damián Espasandín, Paula Esteiro ou Carmen Cid, polo que amosou a súa vontade de “converter O Camiño Race na mellor carreira OCR de Europa e facer de Santiago de Compostela a sede do campionato do mundo desta modalidade, coincidindo co Xacobeo 2021”.

Nas súas verbas, o mandatario galego comparou as carreiras OCR co deporte en xeral e coa vida, “un camiño cheo de atrancos e dificultades que só se pode superar con esforzo e dedicación constante e que conta cunha doce recompensa para quen chega a meta”. “Unha descrición que tamén lle acae á perfección ao Camiño de Santiago, vieiro que transitan cada ano milleiros de peregrinos co obxectivo de chegar á Praza do Obradoiro”, engadiu.

O Camiño Race encádrase dentro do programa O teu Xacobeo e conta cunha achega de 23.000 euros da Xunta de Galicia entre o patrocinio do Xacobeo e o da Secretaría Xeral para o Deporte. Este programa responde á maior convocatoria aberta da historia de Galicia con máis de 350 proxectos aprobados e un investimento de case 5 millóns de euros que “beneficiarán a cidadáns e entidades de toda a comunidade, tamén a través da práctica deportiva, impulsando un Ano Santo 2021 que será o mellor para Galicia”. “Desde a Xunta apostamos por cohesionar, por xerar comunidade e por fortalecer os lazos que unen a todos os galegos, e aos galegos co resto do mundo”, engadiu.