O teu Xacobeo pon en marcha Musgo, o primeiro festival de música do outono en Ourense 🗓

Celebrarase o 19 de outubro e polo seu escenario pasarán artistas indie como Blanco Palamera ou Lince entre outras nacionais e internacionais

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, presentou hoxe o evento

Ourense, 19 de setembro de 2019

O programa O teu Xacobeo pon en marcha Musgo, o primeiro festival musical de outono que acolle a cidade de Ourense e que se celebrará na praza Saco e Arce o 19 de outubro. O evento foi presentado pola comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, quen destacou a descentralización deste programa da Xunta de Galicia e informou de que esta iniciativa cultural contará con oito concertos de música de balde.

Cecilia Pereira referiuse á capacidade de O teu Xacobeo para chegar a todos os públicos abarcando distintos estilos musicais nas propostas culturais que ao longo deste outono se espallarán por Galicia ao abeiro desta programación. Tamén incidiu na tradición xacobea de Ourense, de feito, o festival desenvolverase na zona sur do casco vello, que é a entrada natural da Vía da Prata na cidade das burgas.

Pola súa banda, Adrián Fragueiro, promotor do festival, salientou a necesidade de facer propostas culturais en espazos públicos desaproveitados e aclarou que o horario dos concertos rematará á medianoite para garantir o descanso da veciñanza. O promotor tamén explicou que o evento trata de dinamizar as rutas de peregrinación desta provincia como antesala do Ano Santo 2021.

Bandas indie nacionais e internacionais
As bandas que formarán parte do cartel de Musgo pertencen todas elas á escena independente e son tanto galegas como estatais e internacionais. É, polo tanto, o primeiro festival indie que se celebra en Ourense. Polo escenario de Musgo pasarase Blanco Palamera, de Compostela; Lince, de Portugal; Yana Zafiro, de Ucrania aínda que residentes en Murcia; Ladrillo y Mujer, de Ourense e Coruña; Whales, de Portugal; Mourn, de Barcelona; AK/DK, de Reino Unido e Baiuca, de Pontevedra.

Na provincia de Ourense, O teu Xacobeo permite impulsar 33 proxectos en diversos concellos da provincia. Estas iniciativas supoñen un investimento de máis de 350.000 euros por parte da Xunta de Galicia e permitirá mobilizar preto de 615.000 euros.

Scheduled Eventos

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.