Balseiro chama a reforzar os lazos con Asturias “e potenciar os camiños Norte e Primitivo cara ao Xacobeo do ano 21”

O delegado territorial da Xunta asistiu en Oviedo aos actos convocados pola Asociación Día de Galicia en Asturias nos que se homenaxeou á Consellería de Cultura e Turismo

Oviedo (Asturias), 13 de setembro de 2019

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe que entre os retos máis importantes que comparten Galicia e Asturias figura o de “potenciar os camiños Norte e Primitivo de cara ao Xacobeo do ano 21”.

O delegado realizou esta afirmación no marco do Encontro empresarial Astur-Galaico organizado pola asociación Día de Galicia en Asturias na Cámara de Comercio de Oviedo, no que precisamente se homenaxeou á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta así como a varias empresas vinculadas á entidade e a Galicia.

Balseiro sinalou que a citada consellería está a traballar para “facer máis universal se cabe o próximo Ano Santo” e engadiu que “será unha oportunidade para todos os territorios atravesados polas rutas xacobeas, e moi especialmente para os camiños Norte e Primitivo dado que será o primeiro que se celebra tras a declaración de ambos como bens Patrimonio da Humanidade no ano 2015”.

Neste sentido, o delegado lembrou que o Norte e o Primitivo son respectivamente a terceira e a cuarta ruta máis elixida e sumaron preto de 4.000 peregrinos nos cinco primeiros meses do ano -período do que se teñen datos oficiais-.

Balseiro, que interviu en representación do conxunto de entidades homenaxeadas, agradeceu o labor da asociación Día de Galicia en Asturias por “manter o vínculo e continuar estreitando os lazos entre as dúas comunidades veciñas”. Durante estes días o colectivo organiza distintas actividades de índole económica, social e cultural. Entre elas, está prevista a imposición da insignia de oro da entidade ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nun acto que se celebrará o domingo na sala de cámara do auditorio Príncipe Felipe de Oviedo.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.