O Conselho de Ministros de Portugal aprobara o decreto-lei que regula a valorización e promoción do Camiño de Santiago

O Conselho de Ministros de Portugal aprobara o decreto-lei que regula a valorización e promoción do Camiño de Santiago, a través da certificación dos seus itinerarios e da creación dun órgano de coordinación nacional na Ruta Xacobea. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén colaborando desde 2015 coas autoridades … Ler máis

A Xunta de Galicia e o Institute of Fine Arts asinan un convenio para celebrar en Nova York nun simposio sobre o Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración co Institute of Fine Arts (IFA) para a organización, en 2020, dun simposio internacional sobre o Camiño de Santiago que terá lugar na cidade de Nova York. O simposio, que estará coordinado por dous estudosos da talla de Robert A. Maxwell e Manuel Castiñeiras, abordará as … Ler máis

A Catedral de Santiago publica o libro “El sepulcro de Santiago”, obra póstuma do cóengo Alejandro Barral

Baixo o título El sepulcro de Santiago. Documentos – Toponimia – Arqueología, a Catedral de Santiago acaba de publicar o último traballo realizado polo cóengo Alejandro Barral, falecido o pasado 20 de novembro. Esta obra póstuma preséntase como o máis extenso estudo realizado sobre o mausoleo do Apóstolo Santiago e a súa evolución ao longo … Ler máis

Presentación do libro “Elías Valiña. Il paladino del Cammino (1959-1989)”

A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e a editorial Bolanda presentan a edición en italiano do libro Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989) de Luís Celeiro. A tradución, co título Elías Valiña, il paladino del Cammino (1959-1989) foi realizada a través dun proxecto didáctico da Universidade italiana de Cagliari (Cerdeña), … Ler máis

Sinalízase simbolicamente o Camiño de Santiago en Glasgow coa inauguración dunha mouteira

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu a inauguración dunha mouteira do Camiño de Santiago na George Square, en Glasgow. O dirixente autonómico acompañado pola alcaldesa da cidade escocesa, Eva Bolander, descubriu este simbólico fito, situado a 1475 quilómetros da Catedral de Santiago, meta da peregrinación xacobea. Ao longo deste acto, o conselleiro … Ler máis

Sarria acolle a exposición que conmemora os 25 anos do Camiño Francés como Patrimonio Mundial

A exposición itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco, organizada por la Consellería de Cultura e Turismo, pode visitarse desde o día 1 de febreiro en Sarria. A localidade lucense acolleu a inauguración da mostra nun acto que contou coa participación do director-xerente … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.