Galicia Rail Pass. Galicia a todo tren

Turismo de Galicia e RENFE ofrécenche a oportunidade de descobrir novas paisaxes, paseando polas vilas e as cidades galegas. O GALICIA RAIL PASS permite utilizar os trens de servizo rexional, media distancia convencional, longa distancia e Avant da rede de RENFE en Galicia cantas veces se queira durante tres días. Ao longo do ano poderase … Ler máis

As obras no interior da Catedral obrigan a trasladar as celebracións litúrxicas

Ante o inminente comezo das obras no interior da Catedral de Santiago, que polo seu alcance e magnitude farán imposible manter a normal actividade no altar maior, naves e nas capelas da basílica, a partir do luns 28 de xaneiro, o culto trasladarase a outras igrexas da cidade. Concretamente, a misa diaria do peregrino, ás … Ler máis

O xornalista e investigador lucense Manuel F. Rodríguez recibirá o Premio Internacional Aymeric Picaud 2019

A liga de Asociacións do Camiño de Santiago, composta na actualidade por sete asociacións da prensa (Navarra, A Rioxa, Burgos, Palencia, León, Lugo e Santiago de Compostela), entregará o VI Premio Internacional Aymeric Picaud o próximo 16 de marzo. Na edición do 2019, o galardón foi outorgado ao lucense Manuel F. Rodríguez, xornalista e investigador. … Ler máis

Preséntase en Fitur “Un paseo de historia e vida. Rutas polos centros históricos de Galicia”

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou en Fitur Un paseo de historia e vida, un recorrido que pretende poñer en valor o encanto ás veces descoñecido dos cascos históricos de Galicia e crear unha experiencia turística que potencie a autenticidade do destino galego. Trátase dunha nova estratexia que se segue ampliando e … Ler máis

O uso da rede Wifi nos albergues públicos do Xacobeo incrimentouse no pasado ano

Durante o último ano os peregrinos que pernoitaron nalgún dos albergues públicos do Xacobeo fixeron un maior uso da rede wifi gratuíta dispoñible nestes establecementos. Así o demostran os datos dos últimos 12 meses que reflicten un incremento dun 148,32% no uso deste servizo, cada vez máis empregado polos peregrinos para completar información útil para … Ler máis

Correos presenta unha nova tarxeta prepago para o Camiño de Santiago

O director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou na presentación, a cargo do director territorial de Correos, Ángel Pérez, da nova tarxeta para o Camiño de Santiago impulsada por esta entidade coa intención de facilitar aos peregrinos o manexo do seu diñeiro durante o seu percorrido polo Camiño de Santiago. Máis información

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.