A Comisión Organizadora do Xacobeo 21 aproba o proxecto de decreto polo que se regula a utilización da marca

O Pleno da Comisión Organizadora do vindeiro Ano Santo acaba de aprobar por unanimidade o proxecto de decreto polo que se regula a utilización da marca Xacobeo 2021, co fin de que mañá xoves poida someterse a aprobación do Consello da Xunta de Galicia. A través deste proxecto de decreto apróbase, no marco da Comunidade … Ler máis

A campaña ‘Camiño da reciclaxe’ recupera 146 toneladas de papel e envases nos albergues galegos

Os albergues do Camiño de Santiago reciclaron entre os meses de xuño e outubro máis de 146 toneladas de envases lixeiros e de papel-cartón no marco da iniciativa Camiño da reciclaxe. O obxectivo principal desta campaña, que por terceiro ano consecutivo impulsa a Xunta en colaboración con Ecoembes, é fomentar a reciclaxe nos albergues do … Ler máis

O conselleiro de Cultura e Turismo reúnese cos alcaldes dos concellos da Vía da Prata

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse cos alcaldes dos concellos da Vía da Prata, ante quen avanzou o proxecto de actuación integral que o seu departamento levará a cabo o vindeiro ano 2019 neste itinerario xacobeo, o de maior extensión na Comunidade galega. Co fin de impulsar o seu acondicionamento, mellora e … Ler máis

A Cátedra do Camiño de Santiago outorga o premio de investigación a un traballo sobre a peregrinación en Italia

A Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo coa Universidade de Santiago de Compostela e a Catedral, entregou en Santiago de Compostela o seu premio de investigación á italiana Antonella Palumbo por un traballo inédito ao redor da peregrinación en Italia No acto -que contou coa presenza … Ler máis

A Xunta de Galicia restaurará o Mosteiro de Carboeiro

Cultura e Turismo licitará nos próximos días a obra de reparación e restauración do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, na que a Consellería investirá arredor de 323.000 euros. Así o anunciou con motivo da sinatura do convenio de colaboración co Concello de Silleda e a Diocese de Lugo, a través do cal ambos os dous … Ler máis

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón celebra o seu décimo aniversario

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón cumpre dez anos e a Consellería de Cultura e Turismo acompañou en Tokio na celebración desta efeméride aos membros e directivos deste colectivo, convertido nun dos referentes xacobeos deste país asiático. O acto de celebración tivo lugar na embaixada de España na capital xaponesa convocado … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.