Exposición “Os Camiños de Kan-non e Santiago. Espiritualidade e Cultura” 🗓

Exposición fotográfica realizada con motivo do acordo de amizade asinado entre o Camiño de Kan-non e o Camiño de Santiago. O Camiño de Santiago e a ruta Kumano kodo están irmandados desde 1998. Ambos son itinerarios de peregrinación declarados pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. En 2023 cúmprense vinte e cinco anos deste irmandamento. O desenvolvemento … Ler máis

O conselleiro de Cultura e Turismo realiza unha viaxe institucional á Prefectura de Wakayama en Xapón

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, realizou un tramo do Kumano-Kodo, a ruta de peregrinación xaponesa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Durante o seu percorrido, destacou o impacto cultural, turístico e de dinamización económica que orixina o fenómeno da peregrinación nas zonas polas que transcorren as rutas, uns factores que o itinerario … Ler máis

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón celebra o seu décimo aniversario

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón cumpre dez anos e a Consellería de Cultura e Turismo acompañou en Tokio na celebración desta efeméride aos membros e directivos deste colectivo, convertido nun dos referentes xacobeos deste país asiático. O acto de celebración tivo lugar na embaixada de España na capital xaponesa convocado … Ler máis

Galicia e Tanabe renovan os lazos de unión entre os camiños de Santiago e o Kumano Kodo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Tanabe, Mitsutoshi Manago, renovaron hoxe os lazos de unión entre os Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. O vindeiro 9 de outubro cumpriranse vinte anos desde que o presidente Manuel Fraga e o gobernador da prefectura de Wakayama, Isamu Nishiguchi, firmaran un … Ler máis

A Xunta de Galicia solidarízase coas vítimas e familias das catro prefecturas de Shikoku (Xapón) afectadas polas chuvias torrenciais

Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo solidarízanse coas vítimas e familias das catro prefecturas de Shikoku (Xapón), Ehime, Kagawa, Kochi e Tokushima, afectadas polas chuvias torrenciais caídas entre os días 5 e 10 de xullo, que provocaron desprendementos, movementos de terras e inundacións nas rexións do suroeste do país. Máis … Ler máis

Nava Castro recibe a unha delegación de peregrinos xaponeses tras percorrer o Camiño de Inverno

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, xunto a unha representación de alcaldes e concelleiros de varias das localidades polas que atravesa o Camiño de Inverno, recibiron en Santiago de Compostela a unha delegación de peregrinos xaponeses que estivo percorrendo nos últimos días este itinerario para promovelo … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.