Conclúe a terceira edición do programa de hospitaleiros voluntarios no Camiño de Santiago

A terceira edición do programa de hospitaleiros voluntarios no Camiño de Santiago contou o pasado ano coa participación de máis de 20 voluntarios que, por primeira vez, procederon de catro nacionalidades diferentes dando así resposta á crecente internacionalización da ruta xacobea, na que máis da metade dos peregrinos ao longo de 2017 foron estranxeiros, representando … Ler máis

Os albergues de peregrinos de Melide e Ribadiso convértense nos primeiros da rede da Xunta en acadar a accesibilidade universal

Os albergues de peregrinos de Melide e Ribadiso experimentaron notables melloras destinadas a facilitar o acceso e a estadía a persoas con diversidade funcional grazas á adaptación das contornas e do propio interior dos albergues. Estas actuacións forman parte do Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago, presentado o pasado verán … Ler máis

A Xunta expresa o seu pesar pola morte do profesor Simon Barton, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia ten recibido con gran pesar a noticia do falecemento, en días pasados, do profesor Simon Barton que desde 2014 formaba parte do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, onde tiña desenvolvido neste período unha importante achega pola súa valía intelectual e persoal. Destaca a súa tarefa na difusión do … Ler máis

A Vía da Prata acolle a primeira ruta ecuestre xacobea tras obter a homologación oficial da Real Federación Hípica Española

A Vía da Prata acolleu a primeira ruta ecuestre por este itinerario xacobeo, que vén de obter a homologación oficial da Real Federación Hípica Española para esta modalidade da peregrinación. Con esta iniciativa dáse por inaugurada esta homologación oficial, que afecta a toda a Vía da Prata ata súa meta en Santiago de Compostela. Identificada … Ler máis

Un estudante estadounidense convértese no peregrino 300.000 deste ano 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou no acto da entrega da compostela 300.000 a un rapaz estadounidense. O presidente da Xunta, que estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e polo Arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, fixo fincapé en que nunca antes se chegara á cifra de 300.000 … Ler máis

A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións pecha este martes o seu primeiro ciclo de conferencias

A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, promovida entre Turismo de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Catedral de Santiago, pechará este martes día 12 de decembro o seu primeiro ciclo de conferencias, celebrado ao longo deste outono. O encargado de ofrecer este relatorio será Marco Piccat, da Universidade … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.