Cecilia Pereira será a comisaria do Xacobeo 2021

Cecilia Pereira será a comisaria do Xacobeo 2021, logo de que a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo a nomease conselleira delegada deste organismo.

Cecilia Pereira Marimón (Ourense, 1964), con máis de 25 anos de experiencia na xestión cultural na administración pública e o sector privado, é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago cunha dobre especialidade en Museoloxía e en Historia da Arte Antiga e Medieval. Completou os estudos de doutoramento en Estudos Medievais, posúe o recoñecemento de Suficiencia Investigadora pola USC e realizou o Curso Superior en Xestión de Empresas e Organizacións Culturais da Universidade Complutense.

Ao longo da súa carreira profesional, tanto en Galicia como en diversos países, traballou na promoción da cultura española no exterior como directora de Produción en Acción Cultural Española e como directora de Actividades Culturais na Sociedade Estatal para Exposicións Internacionais. Entre algunhas das súas funcións, salientan o deseño do programa cultural do Pavillón de España na Expo Zaragoza 2008, a dirección do Pavillón de España na Expo Shanghái 2010 e a Comisaría Xeral de España na Expo Yeosu 2012, en Corea do Sur.

Traballou, así mesmo, como consultora estratéxica na Expo Milán 2015 e involucrouse en proxectos como a participación española na Bienal de Venecia de Arquitectura en 2009, o Pavillón Italia da Bienal de Arte de Venecia en 2005 ou a valorización da Colección de Arte do Parlamento Europeo. Foi comisaria das exposicións Destino: Santiago para os Institutos Cervantes de Sofía, Berlín, Praga e Milán e de Moments of Doubts en Tel Aviv.

Presenza en Galicia

En Galicia, foi conservadora xefe do Centro Galego de Arte Contemporánea entre os anos 1998 e 2003, o que incluíu comisariar unha ducia de exposicións de artistas internacionais e organizar máis de 40 mostras temporais e os seus correspondentes catálogos. Coordinou, ademais, exposicións e informes para o Consorcio de Santiago e traballou no Auditorio de Galicia e como responsable de catálogos e actividades didácticas de máis de 50 exposicións, entre outras funcións. Cómpre subliñar tamén o seu labor no Programa Cultural Compostela 93 durante aquel Xacobeo, con actividades de arte, música, danza e teatro, e nas audicións para a selección de músicos na Real Filharmonía de Galicia en Praga, Budapest e Santiago.

Cecilia Pereira combinou estas tarefas coa súa faceta de profesora nas áreas de xestión cultural, arte contemporánea e museoloxía en másteres e posgraos en España e Portugal. É membro da Comisión Permanente de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega, patroa da Fundación ICO (Instituto de Crédito Oficial) e da Fundación RAC (Rosón Arte Contemporáneo).

Un proxecto unitario coordinado

O Consello da Xunta aprobou o pasado mes de xaneiro o decreto polo que se regulan as funcións da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, un proxecto unitario que require de mecanismos que garantan a coordinación das distintas actuacións e a participación e colaboración das administracións públicas e outras persoas e entidades neste evento.

Con este obxectivo, a creación dunha comisión organizadora, como órgano colexiado con participación de distintos departamentos da Xunta de Galicia e doutras entidades relacionadas co evento, xunto coa designación dun comisario que actuará como cargo de apoio á dita comisión organizadora, constitúen os instrumentos básicos para procurar unha actuación coordinada que asegure o seu éxito en todas as súas vertentes.

Nesta comisión, ademais dos representantes da Administración autonómica, invitarase para a súa participación como membros de pleno dereito a representantes do Concello de Santiago de Compostela, á Fegamp en representación dos concellos galegos polos cales pasan os diferentes Camiños de Santiago, da Delegación do Goberno en Galicia e do Arcebispado de Santiago.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.