Ciclo musical ‘Camiño de Cantares’ 🗓

Camiño de Cantares, é un ciclo de música a través do cal se editarán dous libros-cd que serán interpretados en concerto en espazos relixiosos de localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago.

As publicacións titularanse Libro de órgano da Catedral de Tui (séc. XVIII) e Libro III de Polifonía (séc. XVII- XVIII) e para contribuír á súa divulgación programáronse un total de nove concertos.

O primeiro título, a cargo do organista Joaquín Barreira, presentarase o 5 de setembro na Catedral de Tui ás 20,00 h. e a súa serie de concertos proseguirá o 9 de outubro na igrexa de San Rosendo (Celanova) ás 19,30 h., o día 10 na Capela das Ánimas (Santiago de Compostela) ás 20,00 h. e finalizará o 11 de outubro na Colexiata de Iria Flavia (Padrón) tamén ás 20,00 h.

Os concertos do Libro III de Polifonía (séc. XVII-XVIII) estarán dirixidos por Luís Martínez e comezarán o 12 de setembro na Catedral de Tui ás 20,00 h. Ao día seguinte, as composicións interpretaranse na igrexa de San Pedro (Melide) ás 20,30 h. O 25 de setembro o concerto terá lugar na igrexa de San Francisco (Ribadavia) ás 20,30 h., o día 26 no santuario da Virxe da Barca (Muxía) ás 20,00 h. e o ciclo rematará o 27 de setembro na igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia ás 19,00 h.

O eixo desta iniciativa é a música vocal, tendo cabida propostas a capella e con acompañamento instrumental. Así mesmo, estas publicacións poñen o foco na música creada para o Apóstolo Santiago, que conta con historias do Camiño ou composta en localizacións xacobeas.

Data: do 5 de setembro ao 11 de outubro de 2020

Organiza: Asociación Ciclo de Música de Barcia de Mera

Patrocina: Consellería de Cultura e Turismo, a través do programa O teu Xacobeo

from to
Scheduled Eventos

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.