Exposición “A Vía da Prata. Aires do Sur” 🗓

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle A Vía da Prata. Aires do Sur, exposición que reivindica o patrimonio cultural e histórico do Camiño de Sevilla a Santiago de Compostela a través da ollada de 40 figuras clásicas e contemporáneas da fotografía. A mostra compón un carrusel de 140 imaxes que transitan séculos e vieiros por unha das rutas que mellor encarna a diversidade dos itinerarios xacobeos.

A ollada curiosa do peregrino

Para a representación deste camiño de camiños A Vía da Prata. Aires do Sur reúne estudos e artistas consagrados entre os grandes mestres da fotografía, cuxas imaxes forman xa parte da nosa memoria, canda o traballo de fotógrafas e fotógrafos actuais que nos descobren a realidade máis descoñecida de pequenas localidades de Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia.

Entre as figuras clásicas incluídas na mostra cóntanse co galego José Suárez, Luis Agromayor, Martínez de Hebert, Jaimae Pacheco e tamén fotógrafos internacionais como Nicolás Muller, Otto Wunderlich, Jean Laurent ou António Passaporte, entre outros moitos. Na parte máis contemporánea atopamos obras de Cristina García Rodero e Juan Manuel Castro Prieto, ambos premios nacionais de fotografía, xunto a nomes destacados como Carmenchu Alemán, Anna Turbau, Vicente López Tofiño, Atín Aya ou Fernando Manso e figuras emerxentes como Laura Martínez Lombardía, Yorgos Kaeste ou Javier Berasaluce. Desde Galicia préstannos o seu ollar os ourensáns Antón Buciños, Brais Lorenzo, Tere Fernández e Miguel Muñiz, os vigueses Iñaki Matilla, Manuel G. Vicente e Roberto de la Torre e o compostelán Luis Otero.

Nesta viaxe de sur a norte, a fotografía conxúgase con versos e fragmentos literarios de escritores e escritoras das nosas letras —Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Sofía Casanova, Rosalía de Castro, etc.— e tamén doutros que desde a distancia atoparon a inspiración nas cidades, pobos e xentes que conforman a ruta da Vía da Prata, como Federico García Lorca, Manuel Machado ou Miguel de Unamuno. Este encontro feliz coa palabra escrita permite afondar na multiplicidade de sentimentos, lecturas e sentidos que transmite a imaxe, ofrecendo unha nova interpretación, por veces sorprendente na súa potencia evocadora, do traballo fotográfico.

Preservación do patrimonio

Tirando do fío por novos camiños e fondos documentais, este novo proxecto comisariado por Lucía Laín pon en valor o traballo de museos, arquivos e coleccionistas na conservación e transmisión do patrimonio vivo das Rutas Xacobeas. Neste sentido, a mostra inclúe fotografías pertencentes ao Arxiu Nacional de Catalunya, o Centro Português de Fotografía, o fondo Nicolás Muller do Archivo Regional de la Comunidad de Madrid, o Archivo Atín Aya, o Instituto do Patrimonio Cultural de España, a Fundació Institut Amatller d’Art Hispànic, o fondo Anna Turbau do Consello da Cultura Galega, o Arquivo Fotográfico Pacheco do Concello de Vigo, o Arquivo José Suárez, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a Biblioteca Nacional de España, entre outros.

Lugar: Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Santiago de Compostela

Data: do 7 ao 4 de setembro de 2022

Horario: de martes a domingo, de 10:00h a 20:00h

Organiza: Fundación Cidade da Cultura. Xunta de Galicia

from to
Scheduled Eventos

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.