Exposición: Dous Camiños. Santiago – Kumano 🗓

No marco do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, cada ano se deseña un proxecto con ilustradoras co obxectivo de poñer en valor o papel da muller no mundo da arte. Nesta cuarta edición, a artista seleccionada foi a asturiana Catalina Rodríguez, coa finalidade de levar a cabo un ambicioso proxecto que a levaría a percorrer e debuxar o Kumano Kodo e o Camiño de Inverno.

No mes de novembro de 2019, Catalina chegou á prefectura de Wakayama para iniciar o Kumano Kodo. Durante a súa estadía estivo acompañada pola fotógrafa norteamericana Caroline White, encargada de retratar ese camiño milenario. Ao seu regreso do país nipón xurdiu unha colaboración coa ceramista Covadonga del Campo que deu como resultado unha interpretación libre e persoal das similitudes descubertas entre os grafismos de Galicia e Xapón.

A segunda parte do proxecto —o Camiño de Inverno—, realizouse a última semana de maio de 2020, cando, tras o confinamento orixinado pola Covid-19, abríronse de novo as portas das casas. Das Médulas a Santiago, percorréronse as distintas etapas nunha época singular pola escaseza de peregrinos, o que fixo que se puidera gozar de cada parada desde o punto de vista dos residentes. En palabras da ilustradora, a natureza deste camiño, unha constante de principio a fin, converteu esta viaxe nunha ventá aberta e unha reflexión continua sobre nós mesmas.

Data: do 5 de novembro ao 10 de xaneiro

Espazo: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Dirección: praza das Praterías. Santiago de Compostela

Organiza: Museo das Peregrinacións e de Santiago

from to
Scheduled Noticias

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.