Exposición: O Camiño de Santiago. Unha Experiencia Contemporánea de Peregrinación (Boston)

A exposición O Camiño de Santiago. Unha Experiencia Contemporánea de Peregrinación é unha nova expresión de creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea. Este magnífico proxecto desenvolverase ao longo do presente ano por varios lugares de EE.UU. Boston e Chicago terán a oportunidade de achegarse ao Camiño de Santiago a través das magníficas fotografías e do audiovisual que compoñen a mostra, cuxo autor, Manuel Valcárcel está obtendo grande éxito e recoñecemento internacional.

En Boston, a exposición englóbase no programa da primeira edición do Camino Filme Festival Boston, que proxectará varias películas sobre o Camiño de Santiago e que contará coa participación do experto no Camiño de Santiago, Francisco Singul.

Para o peregrino contemporáneo a experiencia do Camiño de Santiago é única e irrepetible. Ademais de evocar a peregrinación medieval a Compostela, en contacto permanente co medio natural e o pasado histórico, camíñase por un itinerario espiritual enriquecido polas pegadas dos peregrinos que o frecuentaron durante séculos. Esta carga emotiva, froito dunha rica cultura e unhas tradicións que permanecen vivas -a hospitalidade é un destes sinais de identidade-, refórzase coa presenza viva duns sitios históricos que son Patrimonio da Humanidade. Cidades, vilas, conxuntos históricos ordenados ao redor de catedrais, mosteiros, igrexas e hospitais. Lugares e paisaxes en íntima relación coa peregrinación e cunhas rutas xacobeas que rematan na meta dun dos itinerarios culturais máis significativos do mundo.

Actualmente a experiencia da peregrinación a Compostela propicia un encontro do peregrino consigo mesmo, pero tamén cos outros peregrinos, compañeiros de ruta, coa poboación local e co marco espectacular dun Camiño universal e aberto, que sempre foi entendido como un espazo sacro. Ao final desta aventura física e espiritual, o encontro coa cidade de Santiago e a súa catedral concrétase na íntima visita á tumba do apóstolo Santiago o Maior e co abrazo á imaxe do altar maior. A suxestión do complemento do Camiño ata o Finisterrae europeo (cabo Fisterra) é fundamental para comprender a mentalidade medieval dos peregrinos, un lugar de gran significado ao que se adoita acudir tras completar a experiencia do Camiño no santuario compostelán.

Lugar: Emerson College, Campus de Harvard. Boston (EEUU)
Data: do 12 ao 14 de outubro de 2018
Organiza: Xacobeo 2021. Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Real Colexio Complutense de Harvard
Patrocina: Correos

Folleto

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.