Exposición: O Camiño de Shikoku (Santiago de Compostela)

A peregrinación no Camiño de Shikoku (Shikoku Henro) é unha viaxe por unha ruta espectacular, ao longo de mil catrocentos quilómetros trazados nas catro prefecturas de Shikoku: Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa. A ruta está asociada a 88 templos que contan, dende a súa orixe, con vínculos íntimos con Kobo Daishi, un sacerdote budista xaponés máis coñecido como Kukai.

A exposición amosa a historia e espiritualidade do Camiño de Shikoku a través dunha colección de pezas históricas e imaxes da peregrinación na actualidade.

Tradicionalmente crese que o Camiño de Shikoku foi na súa orixe unha forma de adestramento espiritual para ascetas e monxes budistas que viaxaban ao longo de Shikoku, meditando e orando nos lugares sagrados vinculados á vida de Kobo Daishi.

A primeira guía do Camiño Shikoku foi publicada a finais do século XVII por un asceta de Osaka chamado Shinnen, un libro que proba que a peregrinación por esta ruta, tal e como hoxe a coñecemos, tomou forma daquela.

Outros documentos presentes na exposición e que dan testemuño desta peregrinación son:

Nokyo-cho do Período Edo (1603-1868), documento que proba a visita piadosa do peregrino en cada un dos templos da ruta. Os selos vermellos indican o número de templos visitados. En sánscrito aparece o nome do templo e a principal imaxe budista que se venera. A firma en tinta negra pertence a un sacerdote do santuario, que certifica o nome do templo e cal é a imaxe principal.

Osame-fuda (etiqueta) do Período Edo (1603-1868), documento empregado polos peregrinos como proba de que visitaron un determinado templo. Os peregrinos escriben nel a data e o seu desexo, nome e enderezo, e gárdano nunha caixa específica do santuario.

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Dirección: Praza das Praterías, 2. Santiago de Compostela

Data: do 21 de xullo ao 24 de setembro
Horario de visitas: de martes a venres de 9:30 a 20:30 h; sábados de 11:00 a 19:30 h e domingos de 10:15 a 14:15 h. Luns pechado

Organiza:
Consello para a Inscrición do Camiño de Shikoku Henro como ben Patrimonio da Humanidade
Prefectura de Tokushima, Prefectura de Kochi, Prefectura de Ehime e  Prefectura de Kagawa
Co-organiza:
ONG Peregrinación e Hospitalidade no Camiño de Shikoku

Colaboran:
Asociación “Peregrinación dos 88 Templos do Camiño de Shikoku”
Organización para a Promoción do Turismo en Shikoku Shikoku Henro Consello de Patrimonio Histórico de Xapón
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo – Turismo de Galicia
Museo das Peregrinacións e de Santiago

Co apoio da Embaixada de Xapón en España.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.