Exposición: O Camiño Francés en 360º 🗓 🗺

O Camiño Francés en 360º fotografías de Goyo González enmárcase dentro da da liña expositiva de programación transversal do Museo. Esta modalidade fai posible a entrada de ofertas culurais de novos artistas ás salas expositivas, convertendo o Museo nun foro de portas abertas que potencie a creación cultural.

A exposición consta de 36 fotografías panorámicas circulares seleccionadas entre o amplo repertorio que ten o autor sobre lugares destacados do Camiño de Santiago. Foron realizadas durante máis de 10 anos no que o hospitaleiro, Goyo González, realizou en repetidas ocasións o Camiño, principalmente en bicicleta. Nas instantáneas que se amosan na exposición plasmou o seu concepto tanto do Camiño como da propia peregrinación e os peregrinos. A súa visión transcende á dun mero observador que se achega ao fenómeno da peregrinación, neste caso do Camiño de Santiago, e capta coa súa cámara o que ao seu redor acontece. É unha aproximación “dende dentro” a través da mirada de alguén que coñece perfectamente como peregrino o Camiño e tamén os miles de peregrinos que atendeu durante anos na súa época de hospitaleiro.

As fotografías atenden a elementos intimistas pero utilizando unha visión fotográfica novidosa que permite achegarse ao Camiño de Santiago a través de panorámicas realizadas en 360 graos.

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Dirección: Praza das Praterías. Santiago de Compostela

Data: 22/11/2019 – 16/02/2020

Organiza: Museo das Peregrinacións e de Santiago

from to
Scheduled Eventos
Map

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.