Exposición “O debuxo é o Camiño. O Camiño Inglés” 🗓

Maru Godás / Róisín Curé
Comisariado e dirección: Gemma Sesar

Durante unha semana de agosto de 2021, a artista catalá Maru Godás e a irlandesa Róisín Curé percorreron o Camiño Inglés desde Ferrol —cunha primeira parada na Coruña— para facer unha peregrinación debuxada. Como resultado xurdiron as ilustracións que se poden ver nesta mostra e mais unha gravación da viaxe que amosa case en directo o que as artistas vivían e debuxaban en cada lugar.

Maru Godás
Ilustradora freelance e cadernista, leva máis de 18 anos traballando non mundo da animación, a tipografía, o deseño web e a fotografía. É unha das debuxantes españolas máis recoñecidas no ambiente dos sketchers. Ten colaborado con Planeta de Agostini, RBA, National Geographic ou La Caixa, e publicado libros ilustrados, como Parque Güell de Barcelona ou o seu último título, Belleza Orgánica, editado por Gustavo Gilli, que xa vai pola terceira edición e ten traducións para italiano e inglés. É membro dos Urban Sketchers e instrutora internacional, o que a levou a impartir talleres de debuxo en California, Porto, Illa Reunión, Clermont-Ferrand… Ademais, foi unha das primeiras ilustradoras de cadernos en entrar no exclusivo club de debuxo de Domestika, onde o seu curso de gouache en só dous meses conseguiu atraer 4.000 alumnos. Neste momento está a preparar un terceiro curso que se impartirá a finais de 2022

Róisín Curé
Descubriu o debuxo urbano en 2012 e, desde entón, un bulebule de cores e liñas estendeuse pola súa vida. A ilustración de viaxes é a súa profesión e a súa identidade. Impartiu clases de debuxo en distintos países e publicou oito libros das súas viaxes polo mundo, entre eles An Urban Sketcher’s Galway, tamén escrito por ela. Para o último, Dublin in Sketches and Stories, percorreu durante un ano a cidade de Dublín cun caderno nas mans, anotando e debuxando todo aquilo que lle parecía atractivo para facer unha guía diferente dunha cidade tan coñecida. É membro do colectivo Urban Sketchers e, desde o ano 2013, imparte workshops en moitas das súas citas internacionais.

Data: Do 4 ao 13 de outubro de 2022
Lugar: Long Gallery-Newcastle University- REINO UNIDO
Organiza: Turismo de Galicia

from to
Scheduled Eventos

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.