La Carrera del Peregrino

La Carrera del Peregrino, que terá lugar entre o 18 e o  24 de xuño de 2017, é un evento que introduce un novo concepto dentro do mundo do running. A proba representa a unión dos valores do olimpismo cos valores xacobeos. Nesta carreira por relevos participarán 10 equipos, de 10 persoas cada un, que percorrerán unha distancia total de 785 km entre Roncesvalles e Santiago de Compostela.

O 2016 eríxese como a data de arranque desta nova competición con motivo do Ano da Misericordia, do ano olímpico e do 120 aniversario dos primeiros xogos da era moderna.

Dinámica da carreira

O disparo de saída da carreira terá lugar en Roncesvalles e os seus participantes percorrerán 785 km en seis días para chegaren á praza do Obradoiro.

Os equipos participantes farán dez remudas en cada xornada de entre 10 e 18 km de media. Cun desnivel acumulado de subida de 12.011 m e un desnivel de baixada de 12.634 m, os corredores poderán explorar os seus límites e gozar do marco incomparable do Camiño de Santiago.

A carreira preséntase como un verdadeiro reto e ao final de cada día ofrece a oportunidade de relaxarse e gozar dun programa cultural.

+info

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.