Mesa redonda “Reconstruír Europa a través do Camiño de Santiago” (Bruxelas)

Lugar: Instituto Cervantes Bruxelas
Dirección: Avenue Louise 140, 1050 Bruxelas
Data: 10 de maio de 2017
Hora: 18:30

Organizan: Instituto Cervantes de Bruxelas, Fundación Galicia Europa e S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Dicía Goethe que “Europa naceu peregrinando”. En efecto, a rede de rutas xacobeas foi desde a Idade Media unha das vías de comunicación e intercambio máis influente e recoñecida de Europa, converténdose nun ente difusor dos grandes movementos culturais que ían xurdindo no continente e propiciando o desenvolvemento das diferentes culturas que hoxe en día integran a identidade europea.

Esta identidade, baseada nas ideas de liberdade, xustiza e confianza no progreso, é froito da existencia dun espazo común europeo cruzado por camiños capaces de superar as distancias, as fronteiras e as incomprensións para servir de punto de encontro e intercambio a xente de diferentes orixes, nacionalidades e crenzas, outorgándolle ao Camiño un carácter altamente simbólico na construción europea.

Así o recoñecía o Consello de Europa en 1987 cando declarou a Ruta Xacobea como o primeiro Itinerario Cultural Europeo, ao ser o exemplo por excelencia de europeidade e de vía de difusión dos valores comúns. Cando se cumpren 30 anos desta declaración, o proxecto europeo enfróntase a unha das súas maiores crises existenciais que fan do Camiño un instrumento valioso para contribuír a reconstruír a identidade europea.
Durante esta mesa redonda, representantes de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago de distintos países europeos exporán a súa visión particular e debaterán sobre como a peregrinación a Santiago pode contribuír no contexto actual a reconstruír un proxecto común fundado na tolerancia, o respecto, a liberdade e a solidariedade.

PROGRAMA

18:30 h. Benvida a cargo de:
– Felipe Santos Rodríguez, director do Instituto Cervantes en Bruxelas
– Rafael Sánchez Bargiela, director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

18:45 h. Mesa redonda “Reconstruír Europa a través do Camiño de Santiago”
– Pascal Duchene, presidente da Asociación Amigos de Santiago de Compostela Belga (Amis de Saint-Jacques de Compostelle)
– Luc de Bolle, presidente da Asociación Flamenca de Amigos de Santiago (Vlaams Compostelagenootschap)
– Monique Walrave, membro da dirección da Asociación holandesa de Amigos de Santiago (Nederlands Genootschap van Sint Jacob)
– Begoña Valdomar Insua, vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)

Moderación a cargo:
– Xosé María Palmeiro, presidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)

19:45 h. Presentación do Festival Compostela (Bruxelas, 2, 3 y 4 de xuño de 2017)

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.