Música no Camiño 2018

Nova edición de Música no Camiño, o ciclo de concertos organizado por Turismo de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares, que terá lugar todas as fins de semana de xuño, xullo e agosto na praza das Praterías, en Santiago de Compostela.

Son concertos gratuítos abertos ao público en xeral especialmente dirixidos aos peregrinos, en recoñecemento ao seu esforzo á súa chegada a Santiago.

Nesta edición celebraranse un total de 25 concertos gratuítos abertos ao público en xeral e especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan a Santiago como etapa final do Camiño. Os concertos terán unha duración aproximada dunha hora e celebraranse na praza de Praterías ao remate a Misa do Peregrino. En caso de mal tempo facilitarase a actuación nun espazo cuberto próximo á Catedral.

Participarán bandas de música popular de Galicia, coa intención de difundir a cultura xacobea e promocionar así a música galega entre os peregrinos que acadan a etapa final do Camiño.

Datas: xuño, xullo e agosto, 2018

Hora: 20:30

Lugar: praza das Praterías. Santiago de Compostela

PROGRAMA:

09 xuño: Banda da Escola de Música de Rianxo
10 xuño: Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
16 xuño: Banda de Música Xuvenil de Xinzo
17 xuño: Banda de Música de Arca
22 xuño: Banda de Música de Antas de Ulla
23 xuño: Banda de Música Unión Musical de Cabral
29 xuño: Banda de Música de Abegondo
30 xuño: Banda de Música Municipal de Noia
13 xullo: Banda de Bandeira
14 xullo: Agrupación Músico Cultural de Ribadumia
15 xullo: Ateneo Musical da Pobra
03 agosto: Agrupación Musical de Belesar
04 agosto: Xove Banda de Narón
05 agosto: Banda de Música da SR Calo
10 agosto: Banda Municipal de Música de Celanova
11 agosto: Ateneo Musical de Bembrive
12 agosto: Banda de Música de Vilalba
16 agosto: Agrupación Musical da Limia
17 agosto: Banda de Música Municipal de Brión
18 agosto: Banda de música de Catoira
19 agosto: Banda de Música Vila de Cedeira
24 agosto: Banda de Música de Salvaterra
25 agosto: Banda de Música de Salcedo
26 agosto: Banda Unión de Lantaño Portas
31 agosto: Banda Unión Cultural de Campo Lameiro

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.