O Camiño de Santiago pecha un ano histórico con máis de 278.000 peregrinos

O ano 2016 foi un ano histórico para o Camiño de Santiago xa que recolleron a súa “Compostela” un total de 278.041 peregrinos. Isto supón superar por vez primeira a cifra do Xacobeo 2010 e rexistrar un incremento do 5,99% con respecto aos peregrinos que acudiron á oficina do peregrino no ano 2015.

En relación aos mercados, os peregrinos estranxeiros supuxeron máis do 55% do total. Concretamente contabilizáronse 153.726 peregrinos internacionais na oficina de Santiago de Compostela.

As procedencias foron moi diversas, contabilizándose un total de 146 países de orixe distintos o que mostra a gran capacidade do Camiño para atraer visitantes de todo o mundo. Despois de España, o país do que procederon mais peregrinos no ano 2016 foi Italia.

Tras Italia, o ranking dos 10 principais países emisores de peregrinos estranxeiros continua con Alemaña, Estados Unidos, Portugal, Francia, Irlanda, Reino Unido, Corea, Australia e Brasil.

No relativo aos camiños, a ruta que segue sendo a mais demandada é o Camiño Francés. En total 176.180 peregrinos realizaron esta Ruta representando máis do 63% do total dos peregrinos que chegaron a Santiago.

Tras o Camiño Francés, o Camiño máis transitado foi o Portugués con mais de 52 mil peregrinos, o que representa o 18,76% do total. A estas dúas rutas séguenlle o Camiño do Norte que ten un peso sobre o total do 6,23%, o Primitivo cun 4,35%, o Inglés cun 3,49% e a Vía da Prata cun 3,26%.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.