O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago prepara a celebración dun congreso mundial durante o Xacobeo 2021

Galicia acollerá o vindeiro Xacobeo 2021 un congreso internacional que, baixo o título Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer, reunirá a expertos de todo o mundo para promover o debate científico e académico ao redor das peregrinacións das tradicións xacobeas e cultos locais. Así o acordaron os membros do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, que se reuniron no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, en Santiago de Compostela, para facer balance das súas actividades e avanzar nas futuras.

Deste xeito, ademais deste congreso internacional, tamén acordaron celebrar outro en 2019 ao redor do arcebispo de Santiago de Compostela, Berenguel de Landoira. Tamén intensificarán a súa colaboración coa Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións –organizada pola Universidade de Santiago de Compostela co impulso de Turismo de Galicia– coa celebración dun encontro mundial de Centros de Estudos Xacobeos. O Comité de Expertos reforzará ademais o seu papel internacional con maior presenza en ámbitos como o británico para afondar nas rutas de peregrinación marítima.

O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago é o órgano asesor da Xunta de Galicia no eido xacobeo desde a década dos anos 90. Ao abeiro do Plan director do Camiño de Santiago ten recuperado os Congresos Internacionais de Estudos Xacobeos e destaca, ademais, pola promoción que os seus membros desenvolven nos seus respectivos países, difundindo as publicacións científicas da Xunta, dirixindo revistas, teses e investigacións sobre o fenómeno xacobeo no seu territorio. Tamén realizan un intenso traballo no movemento asociativo vinculado ao Camiño de Santiago.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.