O Concello de Oroso convoca o certame de investigación do Camiño Inglés

O Concello de Oroso, a través da súa concellería de Turismo, convoca a cuarta edición do seu certame de traballos de investigación do Camiño Inglés. Os traballos deben referirse a calquera faceta do Camiño Inglés (histórica, lingüística, xeográfica, botánica ou ecolóxica) tanto en Galicia, como noutras partes de España ou outros países.

Os traballos poden ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés, e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados noutros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención algunha, nin foran posteriormente publicados en calquera tipo de soporte.

Establécense tres categorías: investigadores, peregrinos maiores de idade (diarios de peregrinos e experiencias persoais) e mozos ata os 18 anos.

O prazo para presentar traballos remata día 13 de abril ás 14.00 horas.

A extensión mínima dos traballos será de 18.000 caracteres para investigadores, 5.000 para peregrinos e 2.500 para menores de 18 anos.

O concello móstrase desde hai anos moi activo en todo o referente ás peregrinacións, ata o extremo de abrir o único centro de mundo dedicado ao estudo dese sendeiro medieval que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI, Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés.

Fonte: Concello de Oroso

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.