O Goberno de Navarra restrinxe o paso de peregrinos polo tramo do Camiño de Santiago que discorre pola forca de Lepoeder

Fonte: Goberno de Navarra

navarra“O paso de persoas pola variante leste da entrada do Camiño de Santiago en Navarra, que transcorre pola forca de Lepoeder, quedará restrinxido dende o 1 de novembro ata o 31 de marzo de 2017 por razóns de seguridade, segundo se dispón nunha resolución do director xeral de Interior, Agustín Gastaminza. Durante o inverno pasado tamén foron adoptadas medidas para evitar que os que peregrinan utilicen este traxecto.

A primeira etapa do Camiño Francés a Santiago, á súa entrada por Navarra, ten dúas variantes: a oeste que, partindo de Saint Jean Pied de Port, transcorre por Luzaide-Valcarlos e o porto de Ibañeta ata Roncesvalles, e a leste que tamén comeza en Saint Jean Pied de Port e pasa por Huntto, Orisson e o Porto de Lepoeder ata Roncesvalles. A variante leste supón superar máis de 1.200 metros de desnivel, tendo en conta os 154 metros sobre o nivel do mar aos que se encontra Saint Jean Pied de Port e os 1.432 do porto de Lepoeder, ademais dos pequenos desniveis intermedios.

Para superar este desnivel, os peregrinos e as peregrinas deben ter unha preparación física adecuada, condición que non se dá nunha alta porcentaxe deles, segundo se comprobou. Ademais, a neve e as adversas condicións climatolóxicas propias do inverno esixen un esforzo aínda maior, ao que se suma que moitas veces o equipamento material que levan non é o máis axeitado.”

+info

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.