Xacobeo 21-22

A Xunta de Galicia presenta o ‘Balance do Xacobeo 2021-2022’ en Santiago
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou o “Balance do Xacobeo 2021-2022”, nun acto celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia no que tamén se premiou o labor de difusión do Camiño de Santiago que realizan diferentes entidades, colectivos e personalidades de toda España.

O presidente agradeceu o labor a prol do Camiño de Santiago realizado por todos os premiados e fixo fincapé en que o Goberno galego segue a traballar para que Galicia se manteña coma un destino atractivo para o turismo, coa vista xa nos vindeiros Xacobeos.

Recoñecemento aos difusores do Camiño de Santiago

Un total de 22 entidades e persoas foron premiadas ao longo da gala pola súa contribución ao éxito deste Xacobeo 2021-2022 e pola promoción e difusión do Camiño de Santiago. Ademais, durante o acto fíxose un recoñecemento expreso aos patrocinadores do Xacobeo e houbo unha mención especial para a periodista Ana Rosa Quintana que realizou o Camiño en varias ocasións, a última durante 2021.

Na categoría de ‘Xacobeo Acollida’ foron galardoados a Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, a Federación Galega de Amigos do Camiño de Santiago; a Asociación galega de albergues privados (Agalber), o establecemento Ideas Peregrinas e se lle outorgou a título póstumo o premio de albergueira pública a Edita Núñez. No eido de ‘Vixilancia, Voluntariado e profesionais do Camiño’ foron recoñecidos o servizo de Protección Civil de Santiago, os voluntarios de American Pilgrims e os profesionais do transporte, representados nun taxista que recolleu o premio.

No eido deportivo galardoouse a carreira ciclista O Gran Camiño, ao director de La Vuelta, Javier Guillén, a regatista Alicia Freire e a asociación Discamino que facilita que as persoas con discapacidade poidan peregrinar a Santiago. Dentro da categoría ‘Xacobeo experiencias’ premiouse a Iniciativa Galicia Ilusiona, o traballo do Colexio Cristo Rey de Ferrol, a iniciativa ‘Siente Galicia’ e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

Por último, no apartado ‘Xacobeo institucional’ recibiron un recoñecemento o Centro Internacional de Acollida do Peregrino; o Clúster Turismo de Galicia; a primeira Mancomunidade do Camiño Francés (Triacastela) e a última en constituírse (Fisterra-Muxía), Turespaña e o Concello de Madrid.

O presidente da Xunta participa como Delegado Rexio nos actos de clausura da Porta Santa
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou en calidade de Delegado Rexio, nos actos de clausura da Porta Santa, na catedral de Santiago de Compostela, e que supoñen a fin das celebracións do bienal Ano Santo 2021-2022.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago recupera e actualiza a obra de Sucasas sobre o fenómeno Xacobeo
O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle a exposición Alfonso Sucasas, camiño e mitoloxía, que recupera e actualiza a obra do artista lalinense sobre o fenómeno xacobeo e coa que o museo pecha a súa programación expositiva deste dobre Ano Santo.

A mostra, comisariada por Pilar Corredoira, rememora o traballo que Alfonso Sucasas realizou durante o Xacobeo 93 e dá lugar a unha ampla colección integrada por debuxos e pinturas, algunhas de gran formato como Tríptico de Adán e Eva, Pecados capitais ou Santiago Peregrino.

Expóñense óleos sobre lenzo, bosquexos, obras en papel, útiles de pintura, libros, fotografías, documentos manuscritos do artista así como pezas audiovisuais con imaxes do artista. Cóntase coa colaboración de distintas institucións como Turismo de Galicia, o Parlamento de Galicia, a Casa de Galicia en Madrid e coleccións particulares. Poderá visitarte ata o 23 de abril.

Máis información

Exposición “Camiñamos para parar. O Camiño de Inverno” 🗓
Miguelanxo Prado (Galicia) / Rita Sabler (Portland- EEUU)

O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia desde a meseta, un acceso xa usado polos romanos. Xurdiu como alternativa en época invernal á dura subida aos cumes nevados do Cebreiro -Camiño Francés- e tamén para evitar os desbordamentos frecuentes dos ríos do val do Valcarce.

No proxecto Camiñamos para parar, durante 9 días de setembro, os artistas Miguelanxo Prado (Galicia) e Rita Sabler (Portland, EEUU) percorreron o Camiño de Inverno, dende O Barco de Valdeorras ata Santiago de Compostela. Armados coas súas acuarelas e papel, reflectiron nunhas ilustracións, en forma de postais, todo aquilo que lles chamou a atención durante a súa peregrinación, desde igrexas e edificios singulares ata pequenos detalles da paisaxe e da xente.

Todo este traballo móstrase agora nunha exposición, que poderá visitarse durante o mes de novembro no Museo das Peregrinacións e de Santiago, e que recolle todas as postais realizadas polos dous ilustradores ao longo do Camiño de Inverno.

A exposición ten como finalidade a promoción do Camiño de Santiago a través da ollada destes dous artistas, e conta coa colaboración da Adega Rectoral de Amandi.

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela

Data: Do 4 de novembro de 2022 ao 29 de xaneiro de 2023

Organiza: Turismo de Galicia

Patrocina: Rectoral de Amandi

Exposición “Iacobus Mundi. Peregrinación e turismo en cidades e territorios xacobeos do mundo” 🗓
Os Camiños de Santiago en Europa vertebran amplos territorios nos que durante séculos foise desenvolvendo unha cultura con bases comúns, potenciada por un itinerario de peregrinación que funcionou como espazo sagrado, canal de comunicación e ámbito fecundo de intercambio de saberes e proxectos. Un Camiño que na actualidade amosa unha vitalidade crecente, proxectando ao mundo os seus valores universais, en especial unha mensaxe de fraternidade e concordia.

A exposición Iacobus Mundi presenta unha interesante selección de cidades e territorios ligados ao culto a Santiago, aos camiños de peregrinación a Compostela, á cultura desenvolvida arredor desta ruta universal e aberta, e á creación da identidade occidental.

Espazos urbáns e paisaxes históricas que forman parte dun patrimonio cultural único, ao servizo dun feito histórico vivo, que ofrece un proxecto de paz e concordia a un mundo globalizado, pero á vez sensible ás particularidades locais.

Iacobus Mundi, en definitiva, amosa unha rica variedade de centros históricos, catedrais, igrexas de Santiago, abadías e camiños de peregrinación. Pero, sobre todo, evidencia coas súas ricas cores unha vivencia compartida, un proxecto de vida e civilización con gran proxección de futuro.

Data: do 21 de outubro ao 21 de novembro de 2022

Lugar: Hospedería de San Martiño Pinario. Praza da Inmaculada, 3. Santiago de Compostela

Organiza: Turismo de Galicia, Xunta de Galicia

Iacobus Mundi. Encontro de Cidades e Territorios Xacobeos do Mundo 🗓
Encontro internacional de intercambio de saberes na xestión da mobilidade dos fluxos de peregrinación e turismo en diversas cidades do mundo vinculadas cos camiños de Santiago e a memoria histórico-cultural xacobea.

Data: 21 e 22 de outubro de 2022

Lugar: Hostal dos Reis Católicos. Santiago de Compostela

Organiza: Turismo de Galicia, Xunta de Galicia

Inscrición: cultura.xacobeo@xunta.gal

Inscrición gratuíta ata completar a capacidade do auditorio

–PROGRAMA–

Venres 21. Hostal dos Reis Católicos

09:30h – 10:00h. Inauguración oficial

MESAS DE TRABALLO

10:00 – 11:00h.  Mesa Redonda 1:

A xestión do Patrimonio Mundial. Camiños de Santiago en Francia e España (I)

Agence Française des chemins de Compostelle, Camino Lebaniego, Principado de Asturias e Xacobeo-Turismo de Galicia

11:00h – 11:30h.  Pausa café

11:30h –  13:15h.  Mesa redonda 2:

A xestión do Patrimonio Mundial. Camiños de Santiago en Francia e España (II)

Le Puy-en-Velay, Jaca, Pamplona, Logroño, León, Bilbao e Oviedo

13. 30h.  Claustro da Hospedería do Mosteiro de San Martiño Pinario

Acto de inauguración da exposición fotográfica Iacobus Mundi. Peregrinación e turismo en cidades e territorios xacobeos do mundo

13:45h.  Fin de sesións mañá

16:30h – 17:30h.  Mesa redonda 3:

Turismo cultural en América e o legado de Santiago. Xestión e promoción

Santiago de Querétaro, Santiago de Cuba, Santiago de Guayaquil, Santiago del Estero

17:30h – 18:00h.  Pausa café

18:00 h – 19:30h. Mesa redonda 4:

Portugal e a memoria de Santiago: recuperación e xestión dos camiños xacobeos, a peregrinación a Compostela e o turismo cultural

Federação Portuguesa do Caminho de Santiago (representada por Vila Pouca de Aguiar), Santiago do Cacém, Braga e Porto

19:30h. Fin de sesións tarde

Sábado 22. Hostal dos Reis Católicos

9:30h – 11:00h. Mesa redonda 5:

Promoción de cidades, itinerarios e tradicións xacobeas en Europa (I)

Durham, Toruń, Asís, Perugia, Pistoia

11:00h – 11:30h.  Pausa café

11:30h – 13:15h. Mesa redonda 6:

Promoción de cidades, itinerarios e tradicións xacobeas en Europa (II)

Provincia de Namur (Bélxica), provincia de Kujawsko Pomorskie (Polonia), Šibenik, Ljubljana e Santiago de Compostela

13:30h.  Conclusións e clausura.

Exposición itinerante “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño” 🗓
Dentro das actividades programadas pola celebración do Xacobeo 21·22 a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, produce a exposición Percorrer o Tempo. Visións contemporáneas do Camiño, enmarcada na colaboración coa Fundación La Caixa. A exposición foi exhibida na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, tendo de seguido un recorrido internacional primeiro en Roma e, agora, na cidade de Porto.

Comisariada por Nicolás Combarro, ten por obxectivo mostrar unha mirada diferente sobre o Camiño de Santiago, integrando diferentes propostas no campo audiovisual, que desenvolven ata os seus límites o que se deu en chamar “novo documentalismo”.

Carla Andrade, Lúa e Bandía Ribeira, Luís Díaz e Iván Nespereira, son autores do novo panorama fotográfico galego que dialogarán con outros artistas españois, como Cristina de Middel e Miguel Ángel Tornero, e extranxeiros: Michel Lebelhomme, Olivia Arthur e André Cepeda. Dez artistas que cultivaron éxitos no panorama da nova fotografía internacional, e varios deles membros da prestixiosa Axencia Magnum, achégannos unha mirada renovada sobre os roteiros xacobeos e á fotografía como outra forma de mirar.

A proposta de cada autor preséntase en formato audiovisual, diaporama ou vídeo, transcendendo un proxecto de natureza meramente expositiva, no que se realizarán talleres e diversas actividades relacionadas coa fotografía e a tradición xacobea buscando a interacción co público portugués.

Espazo: Praza do Parque

Dirección: Parque da Cidade. Porto

Data: Do 12 de setembro ao 16 de outubro de 2022

Horario: Todos os días das 11:00 ás 19:00h

Organiza: Axencia Turismo de Galicia

Patrocina: Fundación La Caixa

Colabora: Cámara Municipal de Porto

A Xunta anuncia a concesión das Medallas de Galicia a Julián Barrio, Paolo Caucci von Saucken, Begoña Valdomar, José Carro Otero e a Asociación Discamino
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se lle concede a Medalla de Galicia, na súa categoría de ouro, ao arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; ao profesor e estudoso da ruta xacobea Paolo Caucci von Saucken; á hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua; á Asociación Discamino e, a título póstumo, ao primeiro comisario do Xacobeo en 1993, José Carro Otero.

A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que outorga anualmente a Xunta de Galicia ás persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da nosa comunidade en calquera aspecto da realidade social, cultural e económico e dignos de obter o recoñecemento do pobo galego. Nesta ocasión, todos os distinguidos están vinculados á promoción e preservación do Camiño de Santiago.

Rueda explicou que o arzobispo da Arquidiocese de Santiago de Compostela, Julián Barrio, recibe a Medalla de Galicia pola súa contribución ao coñecemento e impulso da peregrinación á Catedral de Santiago. Nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora) en 1946, foi reitor do Seminario Maior de Astorga, profesor de Historia Eclesiástica e Historia de España e é o arzobispo de Compostela desde 1996.

Ademáis, a Xunta tamén recoñece este ano o labor do profesor da Universidad de Perugia Paolo Caucci von Saucken, un dos estudosos sobre a ruta xacobea máis recoñecidos a nivel mundial e que foi, durante case vinte anos, presidente do Comité de Expertos del Camino de Santiago. Nado na localidade italiana de Ascoli Piceno en 1941 é autor de numerosos ensaios e libros sobre as peregrinacións e a ruta xacobea.

Outra das galardoadas este ano coa Medalla de Galicia é a peregrina e hospitaleira do albergue municipal de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua. Nada nesta localidade coruñesa, ademais de estar ao fronte do centro de acollida a peregrinos de Fisterra é a responsable de Hospitalidade na Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago.

A Xunta tamén distingue este ano á Asociación Discamino que recibirá esta distinción polo seu labor diario para facilitar que as persoas con discapacidade poidan peregrinar á Compostela e desfrutar da experiencia da ruta xacobea. Creada en 2009, esta entidade xurde co obxectivo de dar apoio a aquelas persoas con diversidade funcional que queiran realizar o Camiño de Santiago.

E por último, a Xunta concede este ano a título póstumo a Medalla de Galicia ao doutor e antropólogo compostelán José Carro Otero. Carro, que foi presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, estivo sempre moi vencellado ao Camiño de Santiago. Foi o primeiro comisario do Xacobeo no 1993 e era un experto de referencia sobre a Catedral de Santiago.

As Medallas de Galicia, que se entregarán o vindeiro 25 de xullo, recoñecen nesta edición a difusión do Camiño.

O Camiño das Músicas Galegas. La Duendeneta
A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia,  inclúe dentro da programación Xacobeo 21.22, unha nova edición de LA DUENDENETA, O CAMIÑO DAS MÚSICAS GALEGAS, proxecto de difusión cultural que xa víu a luz o ano pasado percorrendo concellos do Camiño de Santiago có obxectivo de dar a coñecer aos peregrinos e ao público en xeral a música galega e feita en galego.

Nesta nova edición a furgoneta móbil vintage LA DUENDENETA, viaxará ao longo do mes de xuño e xullo por diversas prazas e vilas que coinciden coas habituais finais de etapa do Camiño de Santiago, ofrecendo unhas sesións musicais de carácter didáctico, que amosarán a historia da música dende os artistas pioneiros ata o día de hoxe, incluíndo todos os xéneros: pop, rock, folk, canción de autor, hip hop, tradicional, electrónica e blues.

O recoñecido xornalista, Carlos Crespo, que conta cunha ampla experiencia na difusión da cultura en medios de comunicación, como A Voz de Galicia ou Radio Nacional de España, será o encargado de exercer de Dj para facer unhas sesións bautizadas có título de OS CAMIÑOS DAS MÚSICAS GALEGAS, nas que os peregrinos e espectadores en xeral poderán disfrutar e entender os fitos musicais máis destacados da nosa historia musical.

Os asistentes que se atopen en cada etapa de actuación da DUENDENETA, poderán descargarse no seu móbil a play list completa a través dun código QR e escoitala en calquera momento.

Organiza: Xacobeo 21-22.Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Colabora: Fundación La Caixa

PROGRAMA MES DE XUÑO

Sábado 11: O Pedrouzo, O Pino

Luns 13: Arzúa

Martes 14: Melide

Mércores 15: Palas de Rei

Xoves 16: Portomarín

Domingo 19: Sarria

Luns 20: Triacastela

Martes 21: O Cebreiro, Pedrafita

Mércores 22: Vedra

Domingo 26: Silleda

Luns 27: Lalín

Martes 28: Ourense

Mércores 29: Xinzo de Limia

Xoves 30: Allariz

PROGRAMA MES DE XULLO

Domingo 3: Fisterra

Luns 4: Muxía

Martes 5: Corcubión

Mércores 6: Cee

Xoves 7: Negreira

Domingo 10: Santaigo de Compostela

Exposición “Iacobus gaudet. Los caminos de Santiago en Galicia” 🗓
A través desta exposición audiovisual do fotógrafo galego Manuel Valcárcel, queremos expresar a alegría dos peregrinos ao chegar á terra do apóstolo.

Esta ruta de peregrinación, considerada como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e Patrimonio da Humanidade, segue conservando o mesmo espírito de superación que hai mil anos animaba a percorrer longas distancias ata chegar a Galicia. A rede de itinearios dos camiños de Santiago axunta Historia e tradición co gozo que supón o encontro coa natureza e as súas variadas paisaxes, co rico patrimonio cultural, coa gastronomía e coa espiritualidade.

Como se plasma a través da mirada de Manuel Valcárcel, a peregrinación é unha experiencia única, unha vivencia inesquecible nun espazo acolledor, que serve como vehículo para o encontro do individuo con sigo mesmo e con outros peregrinos. Nos camiños de Santiago en Galicia, atoparemos un pobo hospitalario, disposto a recibir ao visitante e a mostrarlle con orgullo as súas tradicións e as suas sinais de identidade vinculadas á paisaxe e a un amplo imaxinario cultural. Estas imaxes mostran unha terra que anima a ser coñecida, que ofrece unha experiencia gratificante por un percorrido singular e a través dunha peregrinación viva e intensa.

Espazo: Casino Español de México

C/ Isabel A Católica 29

Col Centro, Alcaldía Cuauhtémoc

Ciudad de México

Data: do 06 ao 25 de xuño de 2022. Inauguración o 7 de xuño ás 18:30 horas

Organiza: Axencia Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Colabora: Fundación Catedral de Santiago, Embaixada de España en México, Oficina Española de Turismo en México e Casino Español de México.