XI Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas

Lugar: Antequera (Málaga)

Data: 18 ao 22 de outubro de 2017

A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e as súas asociacións, celebran desde 1987 o Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas, ámbito de encontro trienal onde veteranos peregrinos e investigadores poñen en común a súas experiencias e coñecementos relacionados coa tradición xacobea.

Logo da celebración en Burgos do décimo congreso (2014), tócalle a vez á cidade de Antequera, na que se celebrará o XI Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas; a Asociación Jacobea de Málaga será a entidade organizadora, de acordo co aprobado na asemblea xeral celebrada en Jaén.

A Asociación Jacobea de Málaga pertence á Federación desde hai xa máis de vinte anos e é socia fundadora da Federación Andaluza de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, da que tamén é membro activo.

O lema do XI Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas é CAMIÑO DE SANTIAGO, CAMIÑO ENTRE MARES e pretende pór en valor a ruta xacobea, declarada en 1987 “Primeiro Itinerario Cultural europeo” e que ao longo de toda a súa historia acolleu persoas de moi diversas nacións, relixións, culturas, status social, etc.

Nos tempos actuais, onde parece que os conflitos de todo tipo son os que ocupan os titulares das noticias, queremos salientar aqueles valores que caracterizan o Camiño de Santiago e que merecen a máxima presenza na nosa vida diaria.

No noso lema CAMIÑO DE SANTIAGO, CAMIÑO ENTRE MARES desexamos poñer de relevo que as diferentes rutas do Camiño de Santiago deben contribuír a estender e facer presentes eses valores que tanto necesita a nosa sociedade, como son a unidade de todos os pobos máis alá de calquera tipo de fronteira, xa sexa física, cultural ou relixiosa.

O Camiño Mozárabe é tamén un camiño que nace para unir as beiras do mar Mediterráneo e o océano Atlántico e así poder unir os corazóns e as almas entre ambas as beiras.

A Asociación Jacobea de Málaga traballa con ilusión, facendo todo o posible para que participantes e acompañantes leven un bo recordo desta bonita terra.

Elixiuse a cidade de Antequera por moitos motivos; pola súa monumentalidade, a súa historia, o seu rico patrimonio, a súa contorna, as súas boas comunicacións, polo feito de ser centro xeográfico de Andalucía e cidade peregrina, pola cooperación das institucións e pola súa xenerosa hospitalidade.

Contacto

Asociación Jacobea de Málaga

WEB DO CONGRESO

WEB DA ASOCIACIÓN

Correo da Asociación: inscripciones@11congresojacobeo.com

Teléfono: 619219319

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.