XI Premio de Relatos Curtos “ Vieiragrino”

A Asociación Amigos del Camino de Santiago Comunidad Valenciana, convoca a UNDÉCIMA EDICIÓN DOS PREMIOS DE RELATOS CURTOS “ VIEIRAGRINO”, de acordo ás seguintes bases:

1. O premio convócase para estimular a escritura de relatos curtos sobre a tradición do Camiño de Santiago. Os relatos poderán ser de ficción literaria inspirados na historia, tradición e costumes do Camiño, e nas experiencias e vivencias do peregrino. Non se admitirán relatos que teñan características de ensaio curto, máis propio dun premio de investigación histórica.

2. Establécese un premio de 600€ para o gañador e outro de 300€ para o finalista, que poderán ser declarados desertos se o xurado o considera oportuno.

3. Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e redactados en calquera idioma, coa condición de que se acompañen da correspondente tradución a unha das dúas linguas oficiais da Comunidade Valenciana.

4. O relato terá un máximo de 7 folios (o folio será de 30 liñas de 70 espazos cada unha). Presentarase por cuadriplicado, escrito a 1,5 espazos en DIN A-4, tipo de letra Arial 12 e a unha cara. Os traballos, baixo plica, serán enviados por correo certificado ao seguinte enderezo:

Asociación Amigos del Camino de Santiago Comunidad Valenciana. Rúa Jerónimo Muñoz, 32-baixo. 46007-VALENCIA. Xunto coas catro copias, incluirase un sobre pechado que acredite a identidade, enderezo e nacionalidade do autor. Cada traballo recibirá un número ao chegar á Asociación. O prazo de admisión pecharase o 15 de outubro de 2018.

5. Un xurado, formado por persoas de recoñecida solvencia no campo literario e cultural, emitirá o seu veredicto inapelable ao longo do mes de novembro e farase público no mes de decembro.

6. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Asociación, que poderá editalos para difundir o seu contido. Por iso, os autores dos relatos premiados deberán ceder gratuitamente e por escrito os dereitos de reprodución, distribución e comunicación publica da obra premiada no ámbito mundial por un período de 5 anos en réxime de exclusividade. Doutra banda, os orixinais que participen no concurso non serán devoltos.

7. O feito de presentarse a este concurso supón estar conforme con todas as bases aquí expostas.

8. A entrega de premios efectuarase nun acto público, cuxa data e lugar se dará a coñecer oportunamente.

MÁIS INFORMACIÓN

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.