A Xunta de Galicia pon en marcha a Comisión organizadora do Xacobeo 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a posta en marcha da Comisión organizadora do Xacobeo 2021, co obxectivo de converter o vindeiro Ano Santo no mellor da historia de Galicia.

Entre as principais funcións deste organismo estarán o fomento e impulso das actuacións coordinadas das diferentes administracións e institucións implicadas; a aprobación da marca e logo do Xacobeo 2021, así como do seu plan estratéxico e dos diferentes plans operativos anuais de desenvolvemento; a busca de patrocinadores privados e a promoción das exencións fiscais aplicables a estes e a difusión e elaboración da programación deste evento.

Así mesmo, crearase a figura dun comisario, con dedicación absoluta á preparación do Xacobeo 2021 e que proporá e elevará as diferentes actuacións a desenvolver, rendendo conta do seu exercicio ante a comisión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *