Finaliza o Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia con cifras históricas tanto de turistas como de peregrinos

Finaliza o Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia, durante o que, por primeira vez na Historia e por expreso desexo do Papa, se abriu por primeira vez a Porta Santa fóra dun Ano Santo. O seu peche marca o fin dun fito que supuxo un gran reclamo para a Ruta Xacobea, para Santiago e para Galicia.

O Ano da Misericordia impulsou as boas cifras de chegada de peregrinos e outros turistas que viña rexistrando Galicia. Deste xeito, contribuíu a bater as espectaculares cifras de peregrinos do Ano Santo 2010 e a acadar as 271.000 Compostelas expedidas no que levamos de ano.

Programación especial
No marco do Ano da Misericordia, Turismo de Galicia ofreceu tanto aos galegos como aos turistas e peregrinos que nos visitaron neste período unha programación especial que achegou un valor engadido á oferta da nosa comunidade.

Esta programación incluíu todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.

Programas musicais, como o ciclo Latitudes ou Música no Camiño, o ciclo “CONferencias con SOLIDARIEDADE” e mostras expositivas como “Galicia, Casa dos Peregrinos” ou “Via Iacobitana” son algunhas das moitas actividades realizadas con motivo deste Ano Xubilar da Misericordia que finaliza o día 13 de novembro de 2016.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *